Da empatía

Alguén falaba nestes días da necesaria empatía na Política e especialmente, das nefastas consecuencias da súa ausencia. Ese poñerse nos zapatos do outro para ver a realidade dende a altura da sociedade e non dende esas posturas interesadas e modificadas artificialmente, para facer rodas de prensa que domina nos últimos anos. Gobernar as crises ten a súa complexidade, e si son derivadas de conflitos bélicos e problemas internacionais, aínda máis.


Por iso é fundamental reforzar o valor das cousas importantes. Celebrar o incremento do emprego e a redución de desempregados é unha nova que debera concitar a satisfacción xeral. Pero semella que non é do agrado do PP. Cada vez que Feijoo fala demostra máis a súa levedade. En cada intervención, evidencia que o da moderación era só unha sombra chinesa que acompañaba a unha campaña de proxección para chegar a Génova13. Moderación é outra cousa; é acordar, pactar, promover e impulsar medidas que axuden a mellorar a calidade de vida dunha cidadanía, que sinte a crise derivada da guerra na súa propia pel, no seu peto e nas súas expectativas. Manexan a estratexia do calamar. Tinguir todo o escenario de negro para evitar ter que dar explicacións dos seus actos ou poñer sobre a mesa propostas para resolver problemas.


Xogar a río revolto para aproveitarse da frustración é un truco recorrente de mal pagador e alimenta a pretendida cerimonia da confusión. Poñer en dúbida ás Institucións, desprezar a Memoria Histórica, denigrar leis , falar de revisionismos, acusar de adoutrinamentos ou non respectar a diversidade, son probas de que non lles interesa o importante, non buscan o que é de xustiza, senón o que conduza máis rápido ao poder. Aínda seguen con aquilo de canto peor mellor, sen importarlles o custe que tocará pagar.


Estás onde remata a noite –dixo El– e onde esperta a luz. Existes na altura de arco elemental de vivirte...

Da empatía

Te puede interesar