novamente os datos económicos son moi positivos. Ademais, acabamos de coñecer que a Patronal e os Sindicatos, acordan as subidas salariais para os próximos anos. Son boas noticias que poñen en evidencia, que a xestión do Goberno de Pedro Sánchez, funciona adecuadamente. Pero ante cada dato positivo e contundente que as estatísticas ofrecen, o PP articula discursos negativos, descualificantes e apocalípticos, que chirrían e non encaixan no relato do que os cidadáns, vemos e vivimos. Insisten e abusan de facer retratos en negro dunha España e dun Goberno que, mal que lles pese, acorda, progresa e resolve con mellor xestión que a meirande parte dos gobernos europeos de calquera signo. Primeiro porque a realidade é que España funciona e os indicadores de emprego, redución do paro, temporalidade ou afiliación á Seguridade Social, son os mellores en décadas e só comparables aos da época de Zapatero. Segundo, porque esa estratexia de pinturas negras, dramáticas e tráxicas, chocan coa realidade de que temos unha inflación das máis baixas de Europa. Esaxerar e retorcer os argumentos, só persegue tentar desacreditar a utilidade e a verosimilitude da acción política e de paso, para seguir exasperando aos cidadáns e aleixándoos da confianza nas bondades da Política. Pero por riba de todo, o fundamental a destacar e celebrar, é que a pesar das importantes reformas de gran calado levadas a cabo, que afectaron ás pensións ou ao mercado laboral, Sánchez e o seu Goberno lograron que houbera Paz Social, dialogando e acordando con amplas maiorías, logrando así que a nosa sociedade, estea moi lonxe da crispación e da violencia que se vive en países como a Francia de Macron. O PP e Feijoo non están no recoñecemento do positivo. Están nas estratexias da crispación e nas manobras orquestrais na escuridade co Poder Xudicial.
Quererte tivo a intensidade imprevisible dunha burbulla azul...