Da reflexión necesaria

Reflexionar é un exercicio complexo, que precisa de fondura e que, aínda que non o pareza, non está ao alcance do conxunto da sociedade. Falamos do tipo de reflexión derivado dun coñecemento filosófico profundo; da posta en práctica dun profundo exercicio de introspección, con teses, antíteses e síntese diferenciados. Definir o punto de partida, coa identificación da multiplicidade de causas, xunto coa aplicación da teoría da multicausalidade, son vectores que conducirán os esforzos a bo porto. Posicionarse implica unha necesaria toma de conciencia e unha clara convicción de querer chegar a algunha parte, de acordar ou de resolver para o beneficio do conxunto. A aplicación destes principios, ten moito que ver coa manipulación da información, a parcialidade dos relatos que nos venden e a multiplicación dos bulos e os fake news nas redes e nos medios. Desenrolar a racionalidade, aparcar o individualismo e buscar a obxectividade, é propio de persoas formadas e capaces de manexar as claves necesarias, para poder chegar a conclusións competencialmente axustadas ao que a sociedade necesita. Non precisamos argumentarios que xustifiquen a nosa toma de posición. Sabemos que a base da ciencia é a experimentación. Que dos procedementos de acerto e erro, nacen as conclusións que permiten avanzar e mellorar. Reflexionar permite admitir que hai erros e facilita o acto ineludible de escoitar para poder acordar e resolver. Non se trata de manter posicións numantinas, senón de resolver os problema derivados do texto  dunha lei. Ante unha realidade que insiste en demostrar as consecuencias negativas -aínda que non desexadas- da lei, non queda outra que maniobrar para evitar que siga sucedendo. Non é excesivamente intelixente, culpabilizar de todo aos demais. Practicar o vitimismo e botarlle a culpa ao mestre armeiro é facer deixación da responsabilidade social que temos, e que consta ineludiblemente, no código de barras.


Escoitarte, ten a tenrura da luz que fai reverdecer as primaveras...

Da reflexión necesaria

Te puede interesar