Das festas e do Albariño

Estou convencido de que si Galicia, tal e como dixera o grande Cunqueiro, é o pais dos mil rios, tamén ten que ser o país das dúas ou tres  mil festas. Celebramos todo o que se poida celebrar, tanto de raíz relixiosa como laica; somos de santificar as festas, e ata de distinguir conmemoracións civís ou militares. Pero quen se leva a palma, son as celebracións de exaltación e degustación de calquera produto comestible. Nun amplo abano que vai dende os mariscos, na súa variada condición, ata o carneiro ao espeto, os callos ou o galo de curral, pasando polas cebolas ou os pementos,  centos de produtos son obxecto de exaltación e degustación. Galicia é unha especie de inmensa food truck, iso si,  dunha gran calidade e todo coa correspondente  historia, certificada e avalada, con recoñecementos  a nivel nacional ou internacional. Xa saben vostedes que máis vale ter que desexar. E niso de celebrar comendo, somos dos primeiros e andamos sobrados. Pero non só de pan vive o home. Tamén no tema de exaltación dos viños, levamos moitos corpos de vantaxe. Á cabeza de todas elas, destaca a Festa do Albariño de Cambados, que celebra a súa LXXI edición, e que está dotada dunha maxia especial, dun encanto diferente que fai dela, unha cita de gran relevancia no calendario emocional de festexos. Non se trata de beber, senón de reencontrarse e compartir. O Albariño representa a imaxe de marca de todo un pobo; o mascarón de proa deste Cambados que, a modo de baupréss, capitanea ao conxunto do Salnés e das restantes subzonas da Denominación de Orixe Rías Baixas. Non só é un viño, son milleiros de persoas que descobren en Cambados a singularidade dun patrimonio e dunha enoloxía peculiar. Persoas que levaran en eles para sempre, a emoción que vive na dourada luz do príncipe dos viños.
 

Tes a arquitectura agradecida do perfecto...

Das festas e do Albariño

Te puede interesar