Das verdades parciais

Vivir inmerso nas rutinas, produce efectos semellantes a levantar edificacións uniformes e monocromas onde nada sobresae da liña establecida. Fai medrar a sensación de que se eliminan as esquinas e todo engade un certo carácter circular ás coordenadas do espazo-tempo que definen as nosas cronoloxías.


O convencemento de ter pasado varias veces polas mesmas circunstancias, repetindo similitudes, ou retornando sempre ao mesmo punto, é unha realidade que marca o noso devalar de cada día. As rutinas garanten a seguridade do coñecido e facilitan a ordenación dos dietarios minimizando o esforzo de descubrir e de aportar novidade, e facelo coa precisión necesaria. Todo adquire a condición de predicible e unha especie de melancolía resignada, impregna o ánimo.


Perdemos o esforzo pola orixinalidade, esa dificultade engadida de sorprender, que está na cerna mesma da nosa vontade creativa. Pasa na vida e pasa na Política. Asentarse na contra por sistema, facendo caso omiso ao sentido común, implica a renuncia a utilizar a forza da razón e a lóxica do coñecemento, evitando estar na solución de tantas dificultades como as que nos rodean. Debéramos de estar contra o desperdicio da capacidade e o talento que habitan en todas as forzas políticas e nos medios de comunicación. A acción política dos partidos da oposición, non pode reducirse simplemente a inventar bulos, fomentar o negativismo, sementar ruído e tentar bloquear cada unha das iniciativas do Goberno, buscando unicamente derribar ao Presidente Sánchez. Feijoo e Ayuso comparten siglas, pero non comparten urxencias. E seguen cada un coas súas rutinas. Ayuso, tentando ampliar máis a súa influencia, impoñendo aos populares as  liñas a seguir. E Feijoo, indo a remolque e rezando baixiño, para que cando cheguen as eleccións, siga sendo el o cartel electoral.


Nas ausencias non hai ruído máis intenso que o silencio -dixo El- despois, dende a tenrura, a emoción arquitrabada de sentirte...

 

Das verdades parciais

Te puede interesar