Existen moitas clases de soberbias. Pero todas teñen en común, a busca incesante dun protagonismo que non lles corresponde. Son moitos os que militan nese desmedido afán de notoriedade, pero algúns destacan notablemente polo seu atrevemento excesivo e pola falla de rigor dos seus plantexamentos. Os mesmos que, por riba de calquera xustificación racional, moral ou doutra índole que recomende o contrario, simplemente atenden a acaparar algúns titulares ou minutos de gloria. Persoas que foron deixando a súa propia historia e a súa dignidade polo camiño, para converterse en meros personaxes, estereotipos ou carnes de memes repetidos. Comparten o feito de non darse por aludidos cando lle recordan a verdade das cousas, e pretenden que a realidade non lle estrague unha foto na prensa. Son capaces de facer verdade aquelo de Groucho Marx e os cambios de principios, sen sentir a máis mínima vergoña. Son o modelo Tamames, dispostos a asumir calquera postulado a cambio de protagonismo, ou o modelo Feijoo, caracterizado polo esforzo denodado para desprestixiar ao goberno de España, sementando dúbidas ante as institucións europeas e sempre intentando que os fondos europeos nos sexan retirados. Soberbios e desquiciados comparten a desmemoria e a facilidade para manipular a historia e axustala aos seus intereses, aínda que sexa usando calzador. Incluso, se cren en posesión do dereito de dicir aos membros dunha Institución, como debe ser o regulamento de funcionamento desa Institución, da que eles non forman parte. Comparten unha evidente falla de respecto institucional. Un desprezo aos grupos políticos, aos que non contestou, e aos procedementos que rexen nunha Moción de Censura. Outro, Feijoo, nin estivo alí. Ordenou unha abstención desafortunada e acabou convertido na referencia ausente, nun exercicio máis da frivolidade habitual que lle define. Desquiciados e soberbios comparten, non só un fracaso, senón un amplo espectro resentido de insatisfacción.
Abrazarte ten a rotundidade dunha ménsula. A cálida gravidade do universo...