A ética na tecnoloxía

Equilibrar o avance tecnolóxico coas súas innegables vantaxes para o coñecemento, a ciencia ou mesmo o benestar persoal e social, evitando os perigos que representa o desaforado lucro buscado polas mastodónticas empresas que dominan este sector, vén sendo obxecto de preocupación, debate e controversia á hora de orientar a creación de mecanismos de protección e impulso de normas que regulen o crecemento exponencial que está a producirse no universo cibernético.


Os problemas éticos son só algúns dos que xorden en torno ao deseño, adopción e uso destas tecnoloxías. A elección destes e non outros débese a que apuntan a problemas de fondo asociados ao proxecto da que chamamos Intelixencia Artificial no seu conxunto, non a unha simple enumeración de debates morais que parten da asunción de que devandito proxecto é bo e desexable por si propio. O impacto ecolóxico e social da IA, xunto ás súas implicacións para a liberdade, as mulleres e outros colectivos vulnerables, pon de relevo que estas tecnoloxías son moito máis que sistemas enfocados a tomar decisións iguais ou mellores que as humanas, senón que máis ben constitúen unha idea, unha forma de entender e de exercer o poder, unha infraestrutura e unha industria que se aproveita dos nosos recursos naturais, dos nosos datos e dos nosos corpos. Por iso, a reflexión ética e política sobre a IA nunca debería limitarse a asumir os marcos do optimismo tecnolóxico que se nos impoñen dentro do sistema dominante e, máis ben, debería a apuntar cara a como construír futuros ecolóxicos e socialmente xustos nos que a tecnoloxía non sexa a única solución aos nosos problemas e a vía preferente cara ao progreso.


Neste asunto, toca equilibrar entre progreso e protección. A tecnoloxía permítenos avanzar como sociedade e mellorar a calidade de vida, si, mais o desenvolvemento tecnolóxico desmedido pode ter consecuencias negativas para o medio ambiente e a humanidade. 


Tamén, entre a conectividade e a privacidade. De posibilitar compartir información ou experiencias á invasión das vidas persoais collendo datos sen consentimento. É favorábel á igualdade se democratiza o acceso á información e ao coñecemento, e caso inverso, pode exacerbar as desigualdades económicas e sociais para quen ten negado o seu acceso. 


Sen dúbida algunha, a tecnoloxía ten o potencial de mellorar o benestar social e a saúde pública ou para crear un futuro mellor para a humanidade. Porén, é necesario desenvolvela de maneira responsable, considerando os seus impactos éticos e sociais.

A ética na tecnoloxía

Te puede interesar