Dos falsos dilemas

Tralas eleccións, sobrevivimos con dificultade. E sucede que temos unha fase clásica de afogo, clasificada baixo o epígrafe de vivo sen vivir en min, que aplicamos nestas circunstancias. Atravesamos unha especie de desacougo circunstancial que, sabemos por experiencia, minorará a súa efervescencia a medida que pasen as horas. Pasamos de non entender nada e sentir que o ceo cae sobre as nosas cabezas,  a asumir que verdadeiramente, e tras unha análise pormenorizada, que non é o que parece. Os medios e certos partidos, descorchan co champan unhas doses esaxeradas de euforia.


Semellara que chegaran ao infinito e máis alá. E non é tanto como nos queren facer crer. Empezan as exacerbacións dos que consideran que gañaron a champion, con ínfulas de novo rico aínda que só manexan maiorías simples, e a autoflaxelación dos máis votados pero que se autodescartan para formar goberno. Hai moito cinismo.


Os mesmos que falan do fracaso do goberno nestas eleccións -que lembremos eran municipais e autonómicas- e que lle esixen asumir  responsabilidades, choran bágoas de crocodilo ante a convocatoria electoral do Presidente Sánchez. Nun xesto audaz, valente e de autoridade, Sánchez pon no tellado da sociedade a toma de decisión para resolver a incógnita de que modelo e que partido, queremos para seguir adiante. Colleunos co pe cambiado.


Demostra novamente, cintura e desapego; todo o contrario á imaxe de aferrado ao poder, que as dereitas difunden del. Tras manipular con ETA e o voto por correo, cal é o mantra agora? Pois a crítica maniquea a ter que votar en xullo.


É sabido que só se pode votar no verán e no Nadal, cando o convoca o PP ( como de feito fixeron). Espallan falsos dilemas co de ou votar ou praia. A responsabilidade e o civismo é un exercicio permanente, non é cuestión reservada unicamente aos meses con choiva.


Estás na intimidade do infinito, na definición sentida de fogueira...

 

Dos falsos dilemas

Te puede interesar