Un mundo con fame

Nun mundo que aparente produce suficientes alimentos para dar de comer a toda a súa poboación, a fame persiste como un problema grave e complexo que afecta a millóns de persoas. O último informe do GHI, Índice Global da Fame, pon foco sobre esta cuestión e destaca a importancia da soberanía alimentaria como unha solución vital para combater a fame planetaria. Trátase do dereito que cada pobo ten para definir a súa política en materia de alimentos. Este Global Hunger Index  de 2023 presenta datos alarmantes: a fame é unha ameaza significativa para a humanidade, e aumentou aínda máis nalgunhas áreas do planeta. Neste contexto, a soberanía alimentaria destácase como un concepto crucial que podería marcar a diferenza na loita contra a fame global procurando outras estratexias e políticas alimentarias de maneira sostible. Isto significa que as decisións relacionadas coa produción, distribución e consumo de alimentos deben estar en mans das persoas en lugar das grandes multinacionais ou gobernos estranxeiros. Alternativa esencial para abordar a fame por varias razóns. Primeiro, fomenta a produción local e sostible de alimentos. Isto axuda ás comunidades para reducir a súa dependencia de alimentos importados, fundamental nun mundo onde o cambio climático e as crises económicas poden interromper facilmente as cadeas de subministración.

 

Ademais, promove prácticas agrícolas respectuosas co medio ambiente, contribuíndo á conservación dos recursos naturais. Segundo, outorga poder ás comunidades e fortalece a seguridade alimentaria local; permitindo ás persoas participar na toma de decisións sobre o que se cultiva e se come, promovendo unha maior equidade e xustiza na distribución de recursos. Isto é fundamental para combater a desigualdade e garantir que ninguén pase fame. Terceiro, fomenta a diversidade e a resiliencia na produción de alimentos. En lugar de depender de monocultivos e grandes explotacións, promóvese a diversificación de cultivos e sistemas agrícolas máis pequenos; reducindo vulnerabilidade ás enfermidades, senón que tamén enriquece a dieta das persoas, promovendo a saúde e o benestar. Esta política estratéxica require un compromiso por parte dos gobernos e a comunidade internacional. Débese apoiar á agricultura local e garantir que as políticas comerciais e agrícolas sexan favorables ás comunidades. A fame segue sendo un dos problemas máis graves que afectan ao mundo en pleno século XXI; e non é só unha cuestión de escaseza de alimentos, senón tamén unha cuestión de acceso, poder e control. A soberanía alimentaria é o antídoto contra a fame global, no ámbito galego e no resto do mundo.

Un mundo con fame

Te puede interesar