Dos trampapollos

Feijóo segue perdido e agochado. Está facendo verdade o de que lle tremen as pernas ante un debate con Sánchez, e xa non hai cidadán no pais que o dubide. E para fuxir con urxencia de semellante cara a cara -aínda escocido polos que perdeu no Senado- se lle ocorren as cousas máis peregrinas. Ultimamente confunde, interesadamente, coalición electoral con coalición de goberno, nun intento de enganar e eludir o obrigado debate de partidos.  
 

O certo é que se para celebrar simples debates electorais, que son tradición e obriga democrática, Feijóo e o seu equipo montan semellante tangana, non sei que vai ser o próximo ante calquera cousa que sexa de importancia e de alcance. 
 

Seguen xogando aos trampantollos, eses recursos que fan que algo que non é, dea o pego e semelle ser sen selo. É o mesmo que a campaña do verán azul na praia de Madrid. Vaia vaia que en Madrid non hai praia, que acertadamente cantaban The Refrescos. 
 

Co pouco que custaba achegarse a unha das praias de Galicia Calidade, para poñer as sombrillas. Pero prefiren montar unha parafernalia casposa, custosa e, sobre todo, falsa. Non perdan de vista que é un recurso para que non se fale dos retrocesos brutais que o PP pacta e asume ( polo tanto comparte) con Vox, no referido a cuestións capitais como igualdade, memoria democrática e violencia de xénero. Son os primeiros pasos dunha loita na que o PP, lonxe de apartarse, acaba fundíndose nunha sorte de abrazo de Vergara cos que negan dereitos e certezas científicas do cambio climático. 
 

Agás o caso de Estremadura, no que Guardiola marca as liñas vermellas,  o PP e Feijóo asumen todas as ocorrencias de Vox, e quedan a moita distancia dese centro e desa moderación, que tanto proclaman, pero que en absoluto practican.
 

Pensarte ten a silenciosa intensidade dunha bóveda...

Dos trampapollos

Te puede interesar