Un camión de transporte de madeira sufriu un contratempo esta tarde e ardeu á altura do municipio coruñés de Mesía.
Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu minutos despois das 16.40 horas cando un falle mecánico provocou que o camión, que transportaba eucaliptos, perdese fluídos. Como consecuencia, o camión comezou a arder.
Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Ordes, que controlaron e extinguiron as lapas, así como da Garda Civil, GES de Curtis e persoal de limpeza de estradas. O lume calcinou a cabina do vehículo, pero nin a carga, nin o depósito víronse afectados. O condutor resultou ileso.