Non todo é bonito e ten tons pasteis na maternidade

Non todo é bonito e ten tons pasteis na maternidade
A peza está protagonizada por Rocío González, Cris Iglesias e Lucía Aldao

“Liberto” é un canto á vida desde a primeira persoa do singular, interpelando directamente ao público. Unha reivindicación do imperfecto e do humano. Así presentan desde o teatro Colón o que vén mañá, unha estrea de Marelas Teatro que colle un texto de Gemma Brió sobre o que non se adoita a falar. Do non bonito que é a maternidade e que se ten que saber porque non todo se conta en tonos pastel. 


A directora do conto, Tamara Canosa, explica que o que se vai ver ás 20.30 horas son unha serie de experiencias normalmente con mulleres de relatos que non saen á superficie, “que oíches de túa nai, de problemas no parto e despois, de vivencias non idílicas que forman parte do día a día” e que non representa a literatura nin o teatro. 


A compañía si o fai e con moita vitalidade. Comenta Tamara que tamén meten no caldo á tenrura que vén no pack de ser nai, pero a protagonista paseará todas as dúbidas que se van xerando, os medos e o egoísmo. 


A historia que representan é o nacecemento da súa segundo filla no Materno Infantil que a leva directamente á UCI, das dificultades polas que pasa e o estados de ánimo “de por favor que se acabe, de esperanza e rabia, e de non podo máis”. O bonito e o non bonita, contado por unha autora catalana que tamén é actriz. 


Explica que afortunadamente empezan a brotar este tipo de historias, “está Iria Pinheiro que fala da violencia obstétrica en ‘Anatomía dunha serea’ ou Paula Bonet con ‘Roedores’, sobre abortos espontáneos”. Son historias que fan falta relacionadas coa función reprodutiva e que estan moi pouco contadas, e nesa visibilización de historias que vivimos subirán mañá ao estrado Rocío González, Cris Iglesias e Lucía Aldao: “É do que falamos, do dereito de non ser unha boa nai”. 

Para iso, a escenografía é moi mínima, case metafórica. Enriba, están a recén parida (Rocío) e a súa irmá (Cris), e Lucía Aldao nun lado agarrada a unha guitarra como mestra de cerimonias: “Está noutro plano e co instrumento fai sons de todo tipo, choros, de espera... Despois están os micros, xoguetes de nenos e unha cadeira. Moi pouco elementos, “aquí estamos e co que temos”. 

Un espectáculo que revisa os límites socialmente acordados. Un relato honesto de como xestionar a dor e seguir avanzando.

Non todo é bonito e ten tons pasteis na maternidade

Te puede interesar