O candidato da Marea Atlántica e aínda alcalde, Xulio Ferreiro, enfronta os últimos días dunha campaña intentando remontar unhas enquisas que dan como favorito ao PSOE de Inés Rey, beneficiada polo rebufo da victoria de Pedro Sánchez nas xerias. Desta maneira, os socialistas, que foron os seus hipotéticos socios de goberno neste mandato, convírtense agora nos seus principais rivais a bater, por riba do PP, e son obxecto das maiores críticas por parte de Ferreiro, que se quere posicionar como a única alternativa real da esquerda.
Como se sinte, agora que está na recta final?
Moi ben, cada día que se achega máis ao domingo e se fala máis da Coruña e se fala máis en clave municipal e nos alonxamos das xerais, vamos arriba, subindo..
Cree posible que as forzas mais pequenas den unha sorpresa a última hora?
Non o sei, pero me parece difícil ver un grupo político que irrumpa coa forza coa que o fixemos nós no 2015. Creo que iso non vai ocorrer.
Cree que pode xogar a favor dos seus rivais pertencer a partidos políticos que están no poder na Xunta ou no Goberno central?
Non sei, pero creo que ninguén debería chantaxear desde outras administracións ao electorado dicíndolle que só terán proxectos para a súa cidade se votan o partido do Goberno central ou da Xunta de Galicia. Paréceme unha das cousas máis antidemocráticas que existen.
Tivéralle gustado que as eleccións municipais se celebraran menos preto no tempo das xerais?
A min me gustaría que se tivese máis tempo para falar da Coruña, do seu futuro, para ter un proxecto, pero estando tan preto das xerais, hai algunhas políticas que se están presentado para as municipais como se fosen unha segunda volta das xerais para esconder, creo, que non hai proxecto para A Coruña
Outros están plantexando unha campaña por arriba Alguén do PP dicíame que tiña a impresión de que Pedro Sánchez se presentaba á Alcaldía da Coruña
Cree que non hai ninguna idea nova para medirse coas da Marea Atlántica ?
Aproveitouse nalgún programa electoral para copiar directamente o programa da Marea Atlántica para introducir medidas que xa introducimos nós ou xa directamente cousas que xa se aprobaron. O que denota falta de compromiso e de coñecemento.
Cópianlles as ideas?
Non se pode propoñer crear un consello local de Memoria cando leva xa dous anos creado. Ou crear unha bolsa de aluguer pública cando xa se votou a favor no concello de administración de Emvsa ou propoñer bicicletas eléctricas cando xa hai dous anos que se presentou ese proxecto a Europa.
As bicicletas eléctricas non se ían implantar neste mandato?
Iso habería que falar co Ministerio de Facenda e dos cambios do xestión dos contratos. Creo que é manifesto que todos os concellos teñen moítisimas dificultades para implantar os fondos Dusi (Desarrollo Urbano Sostenible Integrado). Evidentemente, non ter o presuposto aprobado este ano foi un problema.
A vostede gustalle pensar en si mesmo como nun “intruso". Pero xa e un veterán de dous campañas. E moi distinto? Antes era a alternativa, e agora hai outros partidos políticos novos.
A primeira campaña era diferente, claro. Era a primeira vez que facía unha campaña, a primeira vez que me presentaba a un cargo público... Todo era máis novo.
E agora?
Aquí sigo sendo novo, porque é a primeira vez que me presento como alcalde, defendendo o meu mandato, pero novo novo, aquí non hai ninguén. O máis novo sigo sendo eu: nas outras candidaturas, outros ocuparon postos noutras corporacións, algunha foi conselleira durante moitos anos (con dubidosos resultados) e outros que nunca acadaron representación pública, pero non foi por non telo intentado.
O máis novo sigo sendo eu: outros ocuparon postos noutras corporacións, e algunha foi conselleira moitos anos (con dubidosos resultados)
Vostede vese distinto de como era hai catro anos?
Eu sigo vendo que para certos poderes eu sigo sendo incómodo, porque non conseguiron domesticarme. Non así –debo dicilo– coa inmensa maioría do empresariado coruñés, que fai as cousas legalmente e non pide favores.
Houbo algún boneco (colocado polos emprendedores de Ascega nun debate no que Ferreiro estivo ausente).
(Rí) Esas son anécdotas que din más do que as fai que do que as sofre.
Está a ser unha campaña limpa?
Está sendo complicada. Primeiro, está sendo moi diversa. Alguns damos dous mitins diarios falando coa xente e outros están plantexando unha campaña por arriba.
Refírese ao PSOE de Inés Rey?
Alguén do PP me decía que tiña a impresión de que Pedro Sánchez se presentaba á Alcaldía da Coruña. Pois iso está pasando un pouco. Eu creo que hai medo a confrontar unha idea de cidade que noutros anos impulsaron cos resultados que vemos: centros comerciais sobredimensionados, desfeitas urbanísticas (25 millóns neste mandato), connivencia con empresas como Albada...
Entón non é tan limpa.
Hai quen se está intentado inmiscuir directamente na campaña electoral con titulares falsos ou apoiando sin ningún rubor a un candidato sobre outro o que é lexítimo mentres non se minta.
É mais critico co PSOE desde que se publicaron as enquisas.
O que aquí vexo é que non hai propostas alternativas da cidade. A única proposta que vexo distinta a nós e que hai que botar a Xulio Ferreiro. Botar con “b”. Nós o dicimos con “v”.
As últimas enquisas dicían moitas cousas: que hai moito indeciso, que subimos mais. Nós temos enquisas internas que nos din que imos por diante
Os socialistas chaman a concentración do voto para parar a extrema dereita?
Eu creo que non é serio presentarse na Coruña como a forza que vai parar a dereita despois de estar en connivencia coa dereita. Pero son datos, non é unha sensación: de catro orzamentos, en tres o PSOE votou co PP. Na cuestión de confianza, o PSOE votou co PP. Bolsa de algueiros, investimento dos mercados...
Así que cree que aínda existe una pinza PP-PSOE?
Mentres nós estamos facendo políticas reais para parar a dereita e para persoas que as necesitaban, o PSOE se sentía máis comodo co PP. E tampouco se está dicindo moi claramente, que se vai facer o día despois. Eu o teño moi claro como o tiven estes catro anos.
O que?
Eu sei que os nosos aliados naturais son as forzas progresistas da cidade e eu, coma alcalde, sempre contarei co Partido Socialista e co Bloque Nacionalista Galego para lograr consenso.
Non esperaba esta resposta do PSOE e O BNG?
Non sei se é porque o PSOE da Coruña foi o que apoiou a Susana Díaz, que prefería pactar con Cidadáns, que permitiu a investidura de Mariano Rajoy.
Pola rúa na que ía un pai co seu fillo o que lle dixo foi "mira, este señor é o que te fai o carril bici". Iso se está dando na cidade con nenos que non podía ir en bicicleta
De todas formas, as enquisas apuntan a que o PSOE gañará.
As últimas dicían moitas cousas: que hai moito indeciso, que a tendencia é que, a medida que se achega o domingo, nós subimos mais... Temos enquisas internas que nos din que vamos por diante. Pero con toda prudencia: o que importa son as sensacións que temos na rúa.
É posible que o hemiciclo municipal que saia destes comicios estea máis atomizado que o actual, que non foi moi doado de levar.
(Rí). Non foi, non.
Sendo así, un hipotético segundo mandato sería máis difícil?
Non. O segundo mandato vai ser moito mellor. Todo o traballo de planificación e de aprendizaxe dará para un mandato mellor.
.
E un pacto a tres bandas?
Ben, veremos que pasa a partires do domingo. As forzas políticas temos que escoitar que nos din os cidadáns.
E un goberno bipartito PSOE-Marea Atlántica?
Non o sei. Agora mesmo non estamos nesas, estamos en acadar o mellor resultado posible para revalidar a Alcaldía e despois, dependendo de como resulte, veremos como son as fórmulas para conseguir que a maioría de progreso que existe na cidade sexa tamén no concello.
E se a Marea Atlántica non é a primeira forza da esquerda? Pasará a oposición os próximos catro anos ou abandonará?
Eu non me plantexo outra cousa que seguir sendo alcalde.