OParlamento de Galicia aprobaba este martes a coñecida como Lei de Garantías Sanitarias. Posiblemente a norma máis importante das aprobadas neste lexislatura, e que antepón os dereitos dos pacientes por riba de todo, establecendo tempos máximos de espera en función da gravidade das patoloxías, tanto no eido cirúrxico como para consultas e probas diagnósticas.
A lei marca un prazo máximo de 30 días para as patoloxías de prioridade alta, se ben a realidade asistencial do Sergas sitúase xa ó redor dos 19 días de espera media.
Agora, o obxectivo da Xunta é cumprir coa prioridade 2, de xeito que non se superen os 60 días de espera para as intervencións e 45 para as consultas e probas diagnósticas.
Con esta nova lei conságrase ademais o dereito á libre elección de médico de familia, de pediatría e enfermería, o dereito á libre elección de hospital para un proceso novo de saúde, e o dereito á segunda opinión médica, nun prazo máximo de dez días.
Unha lei que evidencia o compromiso firme da Xunta coa sanidade pública e de calidade.