Anda a oposición “molesta” cos orzamentos da Xunta para 2016 porque son uns orzamentos que constatan que a recuperación económica xa chegou a Galicia. O amosa o crecemento do PIB de 2015, en torno a un 2% e as previsións do 2016, que nos sitúan no 2%. Tamén o demostra o crecemento do Indice de Producción Industrial de Galicia, o crecemento das exportacións, e a reducción das taxas do paro.
Son uns orzamentos que van acompañados dunha rebaixa fiscal que vai permitir deixar no peto dos galegos e das galegas un montante de 140 millóns, que sen dúbida repercutirá na reactivación do consumo e na mellora da confianza do consumidor.
A rebaixa do tramo autonómico do IRPF e a modificación dos seus tramos e dos tipos impositivos a aplicar vai incrementar a progresividade do imposto e vai beneficiar de forma especial ás rendas baixas e medias, en detrimento das máis altas. Pero a rebaixa impositiva vais máis alá, cun programa de impostos cero no rural e a reducción do imposto de doazóns e sucesións para o 98% das herdanzas de Galicia.
A pesares desta importante rebaixa fiscal, os orzamentos do 2016 medran en 430 millóns de euros, que maioritariamente se adicarán á política social, con incrementos importantes na Renda de Integración Social de Galicia que medra dos 47,7 millóns de euros en 2015, ós 53 millóns en 2016, ou no gasto da Lei de Dependencia á que se adicarán 324 millóns, cifra que prácticamente triplica ós 137 millóns que o bipartito destinaba en 2009 para os dependentes galegos. Unha cifra que vai permitir incrementar en 10.000 os dependentes atendidos. Orzamentos que inclúen unha partida de 20 millóns para axudar ás familias con problemas ó pago das faturas eléctricas, do aluguer, para a compra de material escolar ou de medicamentos...
Son uns orzamentos, ademáis, chamados a reactivar a actividade económica, con 100 millóns de euros destinados á reindustrialización e a internacionalización das empresas galegas, uns orzamerntos que incrementan nun 15% os fondos destinados ás políticas activas de emprego. En definitiva, son uns orzamentos expansivos, que suporán menos impostos e máis gasto social para que a recuperación chegue, por fin, a todos.