“Canto máis tempo pasa vemos que a de Touriño foi unha boa xestión”

“Canto máis tempo pasa vemos que a de Touriño foi unha boa xestión”

O cabeza do PSdeG pola provincia da Coruña, Francisco Caamaño, só ten un propósito para o 21-O: deixar fóra da Xunta ao PP. E, nese cometido, está convencido de que o seu traballo como ministro pode axudalo.

Cales son os seus obxectivos para o 21 de outubro?

Son dous. O primeiro, ofrecer una alternativa rigurosa, creíble e sólida aos cidadáns de xeito tal que comprendan que é posible facer política de modo distinto, incluso en momentos de escasez de recursos económica. E, en segundo lugar, parar as políticas da dereita, que en vez de levarnos a un lugar que nos ilusione e encontrar algunha luz, o que fai é afondarnos máis no fondo.

o Plan-e foi un plan lóxico de inversión. cumpriu co seu cometido de amortiguar


a forma inicial de saír da crise era como fixeron o resto dos países: gastando cartos dende
o sistemas público

Cal sería a receita para atopar esa luz?

A luz necesita que a socialdemocracia e a esquerda política gañen novamente espazos, non só en Galicia, senón tamén en Europa. E ese é o camiño que se está a producir. Claro que hai que facer unhas políticas de consolidación fiscal, de contención do gasto público e de facer fronte a débeda. Pero paralelamente hai que facer outras de crecemento e de fortalecemento.

perfil

Licenciado e doutor en Dereito pola Universidade de Santiago, Francisco Caamaño (Cee, 1963) representa a cara de renovación dun PSOE moi dividido. Tralo seu paso polo Goberno Zapatero, primeiro como secretario de estado de Relacións coas Cortes e despois como ministro de Xustiza (2009-2011), decidiu seguir de cheo na política. Primeiro posicionándose do lado de Chacón na disputa con Rubalcaba pola secretaría xeral do partido. Logo converténdose no sucesor de Salvador Fernández Moreda ao frente da secretaría provincial. A imposibilidade dunhas primarias deixou no aire unha hipotética loita pola candidatura do PSdeG a Xunta con Pachi Vázquez.

Recoñece que as políticas de contención son necesarias. Por que non se fixeron máis co seu Goberno?

Adoptáronse moitísimas medidas de contención do gasto. Recordo manifestacións que tivemos. Baixamos salarios dos funcionarios públicos, tivemos que incrementar algún imposto... Cal é gran diferenza? Á hora de priorizar onde se contén o gasto. E nós o que fixemos foi contelo en sectores que non afectan sustancialmente a cohesión social. Polo contrario, dende que está o PP no Goberno, opera ao revés.

O Plan-E foi todo o contrario a contención. Calificaríao de erro?

O plan foi tomado ao comezo da crise, nun momento no que todas as autoridades económicas e europeas dicían que a crise era unha \“v\” non unha \“u\”, e polo tanto era unha crise sustancialmente financeira. Con esta idea de que ía ser só un pico ,e polo tanto, se o Estado interviña con cartos sairíamos moi rápido, naceu o Plan-E: un plan lóxico de inversión. Eu xa sei que a dereita chegou dicindo que se tiraran moitísimos cartos. Pero penso que non, que foi unha forma de meter cartos na economía dun país naqueles lugares onde se daba traballo inmediatamente a xente. E cumpriu o seu cometido de amortiguar.

Logo non sabían que o que había era unha crise momunmental?

Si, pero a forma de saír desa crise era como fixeron o resto dos países: gastando cartos dende o sistema público para aguantar sobre todo a perda de emprego. A expectativa da crise era a dunha crise profunda, pero rápida. Que ocorreu despois? Que Europa comezou a decrecer e amosou outro problema de fondo máis preocupante: a situación de Europa nunha economía global.

Pensa que pode pasarlle pactura o seu paso polo Goberno de Zapatero o 21-O?

Estou moi orgulloso de ter sido ministro do Goberno de España. Fun ministro durante case tres anos e a miña tarefa no Ministerio de Xustiza creo que, agora, pasado un pouco o tempo, comézase a valorar moitísimo máis. Alomenos impedín que houbese unha cadea perpetua neste país que me parece un horror como cidadán de a pé. Polo tanto, ao contrario, creo que aporto experiencia de xestión e experiencia política e que os cidadáns de Galicia o poden perfectamente valorar.

Viviron por enriba das súas posibilidades os socialistas durante a súa etapa na Xunta?

Canto máis tempo pasa vemos que a xestión de Emilio Pérez Touriño foi unha moi boa xestión política. Saliu todo aquelo das sillas, e agora vemos que hai sillas tan caras como aquelas. Hai elementos para considerar que aquel foi un bo goberno, e que ao revés, en contra desa publicidade permanente de que Feijóo é un pretendido bo xestor, existen datos contrastabeis para ver que eso é fume de carozo.

Fíase do acordo de Pemex?

Todo o que sexa contratación e carga de traballo para o noso naval paréceme ben. O que non me parece tan ben e que se utilice electoralmente.

Que solución ofrece o PSdeG para o sistema aeroportuario galego: tres terminais ou unha soa en Santiago?

Os aeroportos galegos son copetencia do Goberno de España. Polo tanto un goberno autonómico pouco ou case nada pode decir, máis alá dunha suxerencia. Quen ten que tomar esa decisión é a ministra de Fomento.

Que lle parece a operación \“Pokemon\”?

Da mesma maneira que se nos exige aos políticos unha responabilidade amplificada para case todo os poderes do Estado, incluo tamén o xudicial, deben ter tamén unha responsabilidade amplificada e ser plenamente conscientes, en termos xerais, de que as coincidencias electorais e algunhas causas poden facer que na cidadanía se produzca un efecto de descrédito non so da política, senon tamén dos poderes do Estado. E na miña opinión como cidadán, non como exministro de xustiza, algunha medida que foi adoptada, escasamente se axusta a esta idea de proporcianalidade.

É partidario de que os políticos imputados deixen o seu cargo?

Eu son partidario de cambiar unha lei de enxuizamento criminal que é inxusta para todos, sexan políticos ou non. É inxusto que cando hai unha causa aberta para chamarme ante o xuiz teña que aparecer como imputado. Para evitar iso temos que acabar coa figura do xuiz instructor. Agora ben, cousa distinta á mera imputación é que haxa un auto que acorda a libertade condicional dunha persoa. Un responsable político non debe estar, na miña opinión, en situación de libertade condicional. n

“Canto máis tempo pasa vemos que a de Touriño foi unha boa xestión”

Te puede interesar