Do sentidiño

Coincido con vostedes que estamos un tanto cansos de escoitar como Casado e compañía falan sempre en negativo, facendo unha apoloxía esaxerada do drama e da traxedia. Nunca son culpables de nada, nin tan sequera responsables dos malos resultados dos seus anos de goberno, eses que foron recompensados cunha Moción de Censura e co primeiro goberno de coalición da nosa Historia recente. Nin por suposto, apostan por botar unha man incluso en tempos de crises e pandemias. Arrimar o ombreiro non está contemplado na súa relixión. A oposición ten un alto concepto de si mesma e pensan que a única misión que lle encomendaron é a de opoñerse a todo por sistema. Incluso xustifican o empreso do xogo sucio de ir a reclamar a Europa medidas de control contra o goberno de España. Non imos racharnos as vestiduras. Non é nada novo. Sempre que os populares son oposición, aplican invariablemente a mesma receita. Xa o dixera claramente Rajoy con aquel clásico de canto peor mellor para todos, e canto peor para todos mellor, mellor para min, o seu beneficio político. Non nos fagamos mal sangue; coñecer o funcionamento do seu ideario e da súa posta en escena, sempre axuda a entender mellor a realidade das cousas. Incluso esas concentracións “espontáneas” para chamarlle de todo ao Presidente sexa onde sexa. As conferencias de Presidentes Autonómicos, deberan ser espazos de debate e de xestión, onde aportar e coordinar para resolver entre todos. Sobran posturas de partido e populismos exacerbados. E falta sentidiño, esa gran aportación da maneira de ser galega ao mundo. Consiste en non crerse únicos e combinar o propio, con aquelo bo que poidan aportar os demais. É dicir, un sincretismo exemplar de respecto, expectativa e tolerancia.


Estás na austeridade do sentido –dixo El– e no murmurio lene dunha tarde que esvara. Estarás para sempre en cada un dos esforzos de vivirte...

Do sentidiño

Te puede interesar