O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos acordou o sobresemento provisional e arquivo da causa contra os activistas denunciados polos herdeiros de Franco por unha protesta celebrada en 2017 na o pazo de Meirás durante a que accederon ao inmoble para reclamar a súa devolución a sociedade.
O auto, dado a coñecer este mesmo martes, aínda non é firme e a resolución decreta o arquivo provisional das actuacións, polo que aínda existe a posibilidade de recorrer a decisión do xulgado ante a Audiencia Provincia.
Os feitos remóntanse á mañá do 30 de agosto de 2017, cando este grupo de persoas, entre os que se atopaban diversos membros do BNG (como o deputado Néstor Rego), accederon tanto á leira, ao interior do pazo como á súa cuberta, tras subir polos muros perimetrales da propiedade.
Os afectados, coñecidos como “19 de Meirás”, remitiron un comunicado no que mostran a súa satisfacción ante esta “vitoria”. “Enormemente orgullosas e orgullosos do que fixemos aquel agosto de 2017 coa ocupación simbólica do Pazo para denunciar o espolio perpetrado polo Franquismo e reclamar a devolución de todo o roubado ao pobo galego”, indicou o seu portavoz, Anxo Louzao.