Cineclub Bóveda | 'The road to ruin' (1934)

Este luns, día 14 ás 19.30 horas haberá unha nova sesión do Cineclub Bóveda con 'The road to ruin' (1934) de Dorothy Davenport.


Dorothy Davenport, ou “Mrs Wallace Reid”, como asinou en diversas ocasións, é unha das contadas mulleres que realizaron filmes en Hollywood logo da chegada do cinema sonoro. Unha desas películas, codirixida por Melville Shyer en 1934, é 'O camiño á ruína', que responde claramente á vontade de intervención social da actriz, guionista, produtora e directora na súa aposta pola educación, tamén sexual, da xuventude. Un filme tipicamente “PreCode”, hoxe en dominio público, que agora se ve con asombro pola sutil maneira en que introduce no relato o abuso sexual e o aborto. 

Fecha inicio: lunes, 14 de octubre de 2024 19:30
Fecha fin: lunes, 14 de octubre de 2024 21:30
Lugar: Asociación Cultural Alexandre Bóveda
Dirección: Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Calle San Andrés, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

domingo 13
lunes 14