Mercado Ecolóxico en Novo Mesoiro con música e actividades infantís

Novo Mesoiro acollerá o domingo 13 de outubro unha nova edición do Mercado Ecolóxico promovido polo Concello da Coruña. A iniciativa localizarase xunto ao parque da tirolina e arrincará coa apertura do espazo de dinamización infantil, de balde e aberto de 10.00 a 15.00 horas.


Ademais, haberá diferentes actividades para todas as idades. Durante toda a mañá, tamén de 10.00 a 15.00 horas, haberá troco de roupa e de 11.30 a 12.30 horas o obradoiro infantil ‘Mouchiños’ para a construción de mouchos decorativos con material reciclado. Conta con 15 prazas para nenos e nensas e a inscrición poderá realizarse no mesmo mercado a partir das 10 horas. A xornada rematará coa actuación musical de Jose Brea e Miguelón, de 13.00 a 14.00 horas.



Fecha inicio: domingo, 13 de octubre de 2024 10:00
Fecha fin: domingo, 13 de octubre de 2024 15:00
Lugar: Novo Mesoiro
Dirección: Novo Mesoiro, Avenida Novo Mesoiro, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

domingo 13
lunes 14