Dende o luns 11 de novembro o Concello pon a disposición o Centro Cívico de Monelos como punto de recollida das entradas para a proxección do filme ‘Soy Nevenka’ (2024) de Icíar Bollaín. Trátase dunha das actividades postas en marcha con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
O filme, dirixido por Bollaín e producido por Kowalski Films, conta a historia de acoso sexual e laboral que sofreu Nevenka Fernández, concelleira de Facenda en Ponferrada entre o 1999 e o 2000, por parte do entón alcalde da vila, Ismael Álvarez. Trátase da primeira condena a un político por acoso en España. Formou parte da sección oficial da 72ª edición do Festival de San Sebastián e nominada á Concha de Ouro como Mellor Película.
A proxección será o xoves 21 de novembro ás 19.00 horas en Cantones Cines. Está destinado ao público xeral e poderanse recoller as entradas no Centro Cívico de Monelos, de luns a venres en horario de 8.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas. Tamén os sábados de 10.30 a 13.30 e de 14.30 a 20.30 horas.