Xornadas Castelao 2025

Co gallo dos actos do 75 cabodano de Castelao, a Real Academia Galega de Belas Artes en colaboración coa Fundación Castelao, organizará o día 18 de febreiro unha xornada arredor do creador Rianxeiro que comezará ás 18 horas cunha ofrenda Floral diante do monumento a Castelao nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña na que participarán Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao e Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes. A continuación, terá lugar un Roteiro guiado por Miguel Anxo Seixas Seoane baixo o título «Memoria de Castelao na Coruña» para rematar ás 20 horas na sede da Academia Galega de Belas Artes coa conferencia «Castelao: beleza e verdade», que será impartida polo presidente da Fundación Castelao.

A conferencia terá entrada libre ata completar capacidade.

Fecha inicio: martes, 18 de febrero de 2025 18:00
Fecha fin: martes, 18 de febrero de 2025 21:00
Lugar: Academia Galega de Belas Artes
Dirección: Plaza del Pintor Sotomayor 1, A Coruña, 15001 La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos