Abraham Cupeiro | “Busco esencias do pasado e sonoridades novas”

Abraham Cupeiro | “Busco esencias do pasado e sonoridades novas”
El músico Abraham Cupeiro | Victor Formoselle

O músico Abraham Cupeiro ofrecerá unha actuación o vindeiro 22 de decembro no teatro Colón xunto coa Orquesta Gaos. O concerto, que será solidario con IBS Padre Rubinos, comezará ás 20.30 horas.

 

Sempre lle interesou tocar diferentes instrumentos?
Sí, porque nacín no seo dunha banda de música, vía aos meus compañeiros tocar outros instrumentos e a verdade é que sempre me chamaba a atención. Creo que sempre me sentín atraído polas diferentes cores e matices de cada instrumento.

 

Que diría que caracteriza a súa maneira de tocar?
Eu son un buscador de esencias do pasado, tocar instrumentos que non estamos adoitados a escoitar xa che marca moito a túa personalidade e onde encaixas, é dicir eu téñome que amoldar a instrumentos moi antergos e con eso xa teño un discurso diferenciador por así dicilo.

 

Haberá moi pouca xente que toque ese tipo de instrumentos...
Estou bastante solo nesta búsqueda dos sons pretéritos e ao final é unha mistura de historia, de música, que soe cautivar ao público.


O concerto no teatro Colón será en conxunto coa Orquesta Gaos, xa colaborou algunha vez con ela?
Non, non colaborei nunca, é unha orquesta que sigo de cerca pero nunca tiven ocasión de tocar con ela, será un concerto para min moi especial e sobre todo porque será o último concerto deste ano onde xa fixen unha xira duns 91 concertos. A verdade que estou moi contento de rematar nun templo como é o teatro Colón da Coruña.

 

Gústalle ter conexión co tecido musical da Coruña?
Si, eu traballei moitísimos anos como mestre no Conservatorio tanto superior como profesional da Coruña e actuei coa Sinfónica de Galicia, unha obra de encarga de Wladimir Rosinskij, e tamén o meu último proxecto o fixen coa banda da Coruña na praza de María Pita.

 

A que se debe o nome do proxecto ‘Pangea’?
É unha sorte de metáfora sonora porque, como foi ese antigo continente Pangea, vamos a unir a Terra outra vez a través da música, de instrumentos ancestrais feitos con elementos da natureza e a través da linguaxe máis universal que é a música, cunha orquestra sinfónica moderna, esa maridaxe creo que xa de por si é bastante suxerente para ter un concerto e unha noite moi especial no teatro Colón.

 

Este proxecto foi grabado coa Royal Philharmonic Orchestra, como foi esa colaboración?
É un proxecto co que a verdade quedei moi contento cando se compuxo e tivemos a fortuna de poder grabar cunha das mellores orquestras do mundo nos estudios Abbey Road de Londres. Chegas coa preocupación de que todo saia ben pero desde o minuto un daste conta de que é como coser e cantar tocar con xente dese nivel tal alto, foi unha experiencia que aínda teño na memoria.

 

Nesta cita en A Coruña utilizará instrumentos do Paleolítico e o Neolítico, como se lle ocorreu a idea e que sons producen?
A idade dos instrumentos que vou tocar é de máis ou menos entre 2.000 ou 3.000 anos, pero si que imos tocar algúns instrumentos como as caracolas que foron tocadas polo ser humano hai uns 15.000 anos ou algunha frauta de óso duns 50.000 anos. O que eu busco nestes instrumentos é sonoridades novas, aínda que pareza un pouco contraditorio buscar no pasado algo novo, coido que todos estes instrumentos teñen unha sorte de matices que non teñen os instrumentos modernos e por iso os levo a un escenario. 

Abraham Cupeiro | “Busco esencias do pasado e sonoridades novas”

Te puede interesar