Baiuca | “Sempre me gusta que un artista me sorprenda, que arrisque, que probe cousas novas”

O vindeiro venres estrea o seu terceiro disco de longa duración, ‘Barullo’, que presentará ao día seguinte no peirao de Batería, en Noites do Porto, cun concerto que contará con varios convidados especiais
Baiuca | “Sempre me gusta que un artista me sorprenda, que arrisque, que probe cousas novas”
Baiuca, nunha imaxe promocional | Cedida

O son de Baiuca, o proxecto do catoirense Alejandro Guillán, evolucionou co paso do tempo. Así, a súa mestura de música tradicional galega e de sons electrónicos acadou tons máis salvaxes e conceptuais co segundo disco, ‘Embruxo’, e, agora, exploran dinámicas máis cercanas á música electrónica de baile, sen perder esa esencia que os une á tradición galega, no terceiro disco, ‘Barullo’.
 

Este venres, día 27, publícase este terceiro traballo de larga duración de Baiuca, que presentará o sábado no peirao de Batería, no marco de Noites do Porto. Para a ocasión, Guillán contará con convidados especiais como Alba Reche, Rodrigo Cuevas, Antía Muíño, Lilaina, Joao Neves ou Carlangas, quen tamén presentará o seu novo disco, ‘Bailódromo vol.1’.

 

Creo que é o disco que mellores cancións ten de Baiuca
 

“Este ano só estivemos tocando en festivais, é a oportunidade que teño de poder presentar nun concerto de máis duración este traballo, porque os festivais aportan outras cousas, pero os tempos son menores”, apunta Guillán, que adianta que poderán tocar máis cancións que todavía non presentaron ante o público, como ‘MonteViso’, que sonará “por primeira vez, xa que compartimos noite con Carlangas”. “Para min é unha das datas máis sinaladas que teño no calendario”.

 

 


Xa nos últimos concertos sonaron algún dos adiantos do novo disco, así como o novo formato que se preparou para a xira. Para “toda a parte de iluminación” contou con Andreu Fábregas, que traballou no pasado con artistas como C. Tangana ou Raül Refree. “Apetecíame moito traballar con él, a conexión foi moi boa”. Adrián Canoura volve a estar ao cargo das visuais, mais cunha volta. “Replantexamos o que queriamos amosar con imaxes máis simbólicas para arroupar toda a música”, explica.

 

Novo paso

Sobre a evolución no son de Baiuca, Guillán ten clara unha cousa: “Nunca me gustaron, como ouvinte, os discos de artistas que repiten patróns de traballos anteriores. Sempre me gusta que un artista me sorprenda, que arrisque, que probe novas músicas... e eses camiños poden ser aceptados ou non, ás veces pode ser que o público non conecte co que estás facendo”. 
 

Deste xeito, “cada plantexamento dun novo disco é apostar por cousas diferentes”. ‘Embruxo’ era un traballo “máis centrado nas percusións tradicionais, nas cantareiras, un disco máis salvaxe, conceptual, que se acercaba a toda a mitoloxía galega”.
 

Agora, en ‘Barullo’, “hai cambios, sobre todo nas bases, que son moito máis electrónicas, os ritmos son máis rápidos, as voces máis melódicas, a temática tamén é diferente, é un disco máis de baile, pero, en ningún caso foi plantexado como un disco conceptual”. A idea, polo tanto, “era poder ter a liberdade de facer temas e ver se nalgún momento tiña sentido que pertenceran a un disco conxunto”, apunta Guillán sobre o proceso.

 

“Este ano só estivemos tocando en festivais, é a oportunidade que teño de presentar nun concerto de máis duración este traballo
 

E o resultado non pode ser mellor. “Estou supercontento co resultado en canto a repertorio, creo que é o disco que mellores cancións ten de Baiuca, despois pode ser que á xente lle guste ou non, pero, para min, no conxunto é o que mellores cancións ten”.
 

Sobre o momento de apostar por esta evolución, Guillán afirma que “sempre é un disco que quixen facer, sempre tiña a idea de facer un traballo con ritmos máis rápidos, pensado máis no clube, pero tampouco se afasta da idea de que as voces, as melodías, teñan un peso importante”, pero sí que deixa que as percusións dean “máis espazo para que puidera salir esa contundencia máis electrónica”. 


En canto á xira, “cada vez temos máis oportunidades de presentarnos fóra, en escenarios máis grandes, e a xira deste verán por Europa foi incrible, ver cómo reaccionaba a xente, como conectaban en cada lugar con temas diferentes... é unha experiencia moi positiva ver como reaccionan valorando o potencial do proxecto, potencial, en parte, gracias á nosa tradición”, conclúe Guillán. 

Baiuca | “Sempre me gusta que un artista me sorprenda, que arrisque, que probe cousas novas”

Te puede interesar