O voceiro do grupo municipal do BNG, Francisco Jorquera (Ferrol, 1961) ten por diante hoxe un pleno moi axitado, no que se votará a cuestión de confianza da alcaldesa, Inés Rey. Se o Bloque vota de novo que non, como fixo o xoves, se entrará nun periodo de 30 días nos que o PP e o BNG terían que acordar un novo candidato a alcalde para a moción de censura, algo que Jorquera rexeita. Acostumado as presións do PP e do PSOE no hemiciclo, o portavoz nacionalista está decidido a manterse firme, sabendo que os catros concelleiros do BNG seguen sendo decisivos, aínda que o orzamento se aprobe cunhas bases de execución que lle dan ventaxa ao Goberno local á hora de modificar as partidas.
Como ve o pleno?
Vai darse un debate importante. O feito de que a señora Inés Rey se someta a unha cuestión de confianza é unha ocasión para debater sobre o estado da cidade.
Parece un trámite: se votan a favor se aproban os orzamentos. Se non, se aprobarán en trinta días porque non haberá acordo co PP para a moción de censura.
Políticamente, ten moita relevancia que unha alcaldesa teña ou non a confianza maioritaria do pleno. A significación política dese feito, e reducila a un trámite, demostra unha cortelada de visión. En calquera caso, a lexislación non a dictou o BNG.
Por que non quiso presentar unha enmenda como o fixo o PP? Perdeu unha oportunidade?
Eu creo que o que perdeu unha oportunidade é o PP. Estalle dando un cheque en branco a Inés Rey. Nós fixémoslle unha pregunta a Miguel Lorenzo que non contestou: se admitía a enmenda, se admitía a trámite os orzamentos, cando o BNG está en contra. Preguntámoslle se ían votar a favor da aprobación definitiva. Se eu fora do PSOE, votaria esa enmenda. Pero o PP non respondeu, porque fai trampa: di que está en contra dos orzamentos, presenta unha enmenda, pero faino só para elaborar un discurso falso de que o BNG acepta os orzamentos.
Pero non é así. Vostedes votaron en contra das contas de 2025.
E co noso voto en contra, estamos dicindo tamén que non á modificación das bases de execución. O PP está facendo un paripé, un xogo de apariencias, dicir que intentou enmendar os orzamentos, pero non lle interesaba unha foto no que votaban a favor, que é o que tería que facer para que prosperara a enmenda. É política ficción. O PP está desnortado, moito máis preocupado por facerlle oposición ao BNG que ao Goberno local.
O señor Lage (José Manuel Lage, portavoz municipal) insinuou que os orzamentos de 2026 xa non eran tan importantes. Que podería prorrogar os de este ano.
Tarde piou. Podía optar por esa vía cos de 2024. Eran moi bos orzamentos, pero en moitos aspectos non se cumpriron. Podería telos prorrogados, con modificados para as partidas non prorrogables. Pero quedan dous exercicios. Pretender chegar ata final de mandato prorrogando os orzamentos non sería moi responsable.
A pesar de estar insatisfeitos, durante o ano pasado apoiaron os modificados de crédito.
Por responsabilidade. Nós poñemos sempre por diante o interese da cidade por enriba de cálculos de partidos, ao revés que o PP, que votou en contra dun modificado para que traballadores de cultura cobrasen do IMCE.
Miguel Lorenzo (portavoz municipal do PP), di que vostede e refén de Santiago, polo pacto co PSOE que levou o BNG a Alcaldía.
Eu xa disen que aínda que a alcaldesa de Santiago fose da Falange de las JONS non íamos a chegar a ningún acordo co PP na Coruña. O PP defende un proxecto da cidade que está nas antípodas do PP. En materia de movilidade, suprimir o carril bus, permitir unha edificabilidade excesiva na contorna de Adurmideiras, defender a figura de Millán Astray, un fascista sanguinario, e queixarse de que as nosas festas eran demasiado galegas.
Isto non lle fai mais doadas as cousas ao PSOE de Inés Rey?
Non o creo. Se analiza os últimos meses, o PSOE está esforzándose por reconducir unha relación deteriorada polos sistemáticos incumprimentos. A inmensa maioría da sociedade coruñesa é consciente de que, se se a aprobou unha regulación das vivendas de uso turístico, é gracias a que o BNG ten unha posición de influencia. O mesmo ocorre coa declaración de mercado tensionado, a concesión de licenzas nas Percebeiras. A nosa oposición contribúe a cambios positivos.
Entón, que efecto terán os cambios nas bases orzamentarias?
O BNG vai a esforzarse e a exercer toda a sua influencia para que o pleno teña unha capacidade de fiscalización real na xestión dos orzamentos.