Un mantra electrónico creado con ondas cerebrais

Alberto Castaño presentará en decembro ‘Cerebral X’, o seu proxecto biotecnolóxico, desta volta con músicos ao vivo na sala O Túnel, no marco do Fanzine Fest
Un mantra electrónico creado con ondas cerebrais
Athal Berath (Alberto Castaño), co dispositivo encefalográfico que usa para o espectáculo ‘Cerebral X’ | Cedidas

Hai dous anos, no marco do Fanzine Fest, o galego Athal Berath (alter ego artístico de Alberto Castaño) presentaba un proxecto atípico, inédito até aquel momento no país, que mesturaba música e biotecnoloxía. Tratábase de ‘Cerebral’, unha idea que se mostrou sobre as táboas do teatro Colón, na que Castaño controlaba, con ondas cerebrais enviadas a un ordenador, varios dispositivos de audio.
 

Aquel proxecto de corte máis experimental, con sons “máis ambient”, evolucionou e o día 9, na sala O Túnel, tamén no Fanzine Fest, poderase ver o resultado: ‘Cerebral X’. “Esta extensión consiste en facer máis un formato banda, con músicos ao vivo”, comenta Castaño, que estará acompañado por “dous músicos de excepción galegos, como Pla Vinseiro, baixista de Crisix, e Violeta, batería de Bala”.
 

Naquel primeiro momento, a experiencia centrábase “no experimento en sí”, con Castaño no escenario, ataviado cun dispositivo similar ao que se utiliza para realizar encefalografías, que recoñece as ondas cerebrais, as transforma e envía a un ordenador, e controla os dispositivos de audio. O ano pasado, nun espectáculo na igrexa das Capuchinas engadiu un aspecto máis, os intrumentos de conductividade, “como instrumentos con auga, que transmiten ordes que tamén van ao ordenador e controlan os sintetizadores”, engade Castaño. 
 

Todo este proceso, e o feedback do público, permitiu que o proxecto mudase ata ‘Cerebral X’ no que a todo o anterior se suman os músicos ao vivo e as visuais de Colectivo MOM, “para aportar algo máis de luz ao entedenmento”, dado que “o público non verá na pantalla visuais random, serán reactivos á información que transmite o dispositivo de ondas cerebrais e axudará a entender un pouco máis que partes están sendo modificadas e cales non”, aclara Castaño.


Deste xeito, pese a seguir centrado no proxecto experimental, “todo ao redor está máis orquestrado”. E todo grazas “ás baterías de Violeta e ás guitarras e efectos de Plácido”, subliña.

 

Una idea musical basada en las escalas

O hilo temático, desta volta, será a escala precisa, polo que a proposta conta con “sete pezas que concordan cos sete chakras, coas sete notas musicais, coas súas frecuencias exactas”. Ese é o leitmotiv co que desenvolven cada unha das pezas, “cada unha ten unha nota central, unha armonía, unha escala... e sobre iso imos traballando no que, ao final, o resultado, polo menos a nosa intención, é unha progresión musical coa intención de que sexa unha especie de mantra electrónico, pero á vez orgánico”, explica Castaño.


A todo isto, suma un novo instrumento, “unha especie de theremin, pero óptico”. En definitiva, “mantense o tema de experimento biotecnolóxico, pero non deixa de ser un proxecto musical”.

 

El futuro que le depara al proyecto

O resultado de todo este proxecto e a súa evolución é o que se verá na sala O Tunel o vindeiro mes de decembro.


Pero a idea para ‘Cerebral X’ é poder incluilo no futuro no circuíto de festivais, “que non so se encadre en festivais de experimentación, senón en máis entornos musicais”. 

Un mantra electrónico creado con ondas cerebrais

Te puede interesar