Marta Lois González (1969) foi concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo durante o goberno de Martiño Noriega (2015-2019) en Santiago e máis tarde portavoz do grupo de Compostela Aberta. Agora é presidenta de Sumar e cabeza de lista pola Coruña para estas eleccións xerais do 23 de jullo. Agora busca representar á provincia en Madrid.
Como vai a campaña?
A campaña está indo moi ben. Estes días o que toca e mobilizar a toda a cidadanía progresista. Estamos tendo pequenos actos de proximidade e estamos vendo moita xente que está confiando en Sumar. Estamos nesa tesitura: necesitamos moitísima mobilización. O Goberno progresista pode frear a ameaza de retroceder cincuenta anos da coalición PP-Vox.
Que pedirá Sumar para a provincia da Coruña en Madrid?
Defender os intereses dos coruñeses, igual que o fai no conxunto de España. Cando falamos do ‘estilo Yolanda’ son políticas que afectan directamente á vida dos coruñeses. Como apostar polo compromiso de reducir a xornada laboral cobrando o mesmo salario, aprobar unha normativa para que se recupere o servizo de dentista, óptica o fisioterapia para a Seguridad Social. Necesitamos políticas directas e concretas e poñer os coidados no centro.
E sobre o cambio climático?
Sumar aposta por unha transición verde que é urxente, unha indistrialización en clave verde, que non signifique unha amaza para ningún sector.
Sumar é un partido novo, precipitadamente formado. Non ten implantación na Coruña. Iso lles pode pasar factura?
Sumar é un movimento político e un espazo cidadán. Independemente de que a presentación formal de quince forzas políticas fose hai pouco, a axenda non se improvisou, levámola traballando desde fai un ano. Hai mil persoas afiliadas a Sumar en Galicia e moito traballo e persoas detrás.
E no caso da provincia?
Temos propostas concretas sobre a infraestructura clave do Eixo Atlántico que é a AP-9: nós non cremos en seguir bonificando a unha empresa privada como é Audasa. Leva sendo beneficiada de múltiples prórrogas da concesión. Teñen unha prórroga hasta 2048. Que di Sumar? Que temos que nacionalizar a AP-9 e transferila á Xunta.
E o porto? Cal é a súa respecto á beira atlántica da cidade?
Nos ano nos que gobernou a Marea Atlántica houbo nu cambio de rumbo substancial: reverteu a política da privatización. Eses terreos teñen que seguir sendo públicos Hai varios axentes que están en xogo: o Concello, a Autoridade Portuaria e Portos do Estado. Teñen que chegar a un acordo, e teñen que ver un Sumar forte no próximo goberno, porque así Yolanda Díaz terá mais capacidade de influencia. De momento, hai un deixar ir e sen buscar solucións.
Cal é a súa visión do novo porto?
Usos verdes, remodelación da mobilidade neses terreos e sobre todo, conseguir que sexa un gran biopolo con sectores produtivos estratéxicos vinculados a pesca pero tamén a novas tecnoloxías. Se necesita valentía e capacidade de organización e chegar a acordos.