Un milleiro de alumnos de 17 centros da comarca da Coruña participan no Correlingua

A xornada arrincará o 3 de maio ás 11:00 horas cun roteiro entre o Palacio dos Deportes de Riazor e a Torre de Hércules
Un milleiro de alumnos de 17 centros da comarca da Coruña participan no Correlingua
Cartel do Correlingua

Un milleiro de nenos e nenas de 17 centros educativos da comarca da Coruña participarán o venres 3 de maio no XXIV Correlingua para fomentar o uso do galego.


A iniciativa, explicou este luns o concelleiro da área de Fomento e Promoción da Ciudad, Gonzalo Castro, busca "manter moi viva a lingua galega entre as próximas xeracións".


A xornada arrincará o 3 de maio ás 11:00 horas cun roteiro entre o Palacio dos Deportes de Riazor e a Torre de Hércules, onde haberá actuacións musicais.


'Dende aquí atei acolá, galego xa!' é o lema desta edición do Correlingua, cuxo cartel ilustrou Xulia Pisón

Un milleiro de alumnos de 17 centros da comarca da Coruña participan no Correlingua

Te puede interesar