Mónica Díaz | “Temos dúas cousas ao noso favor: un parque marabilloso e que sempre hai bo tiempo”

Mónica Díaz | “Temos dúas cousas ao noso favor: un parque marabilloso e que sempre hai bo tiempo”
Mónica Díaz, en lo alto de Eirís | Quintana

A Festa da Fresa de Eirís terá lugar hoxe, como cada ano desde hai 16. Nesta ocasión, a redución presupuestaria do Concello obrigou a encoller o programa, eliminando a sesión vermú. Pero, aínda así, a asociación de veciños conseguiu elaborar un cartel co que todos poderán disfrutar.  

 

Qué hai de novo este ano? 
Menos diñeiro, pero temos dúas cousas ao noso favor: un parque marabilloso e que sempre temos moi bo tempo.

 

De onde ven esa asociación entre Eirís e a fresa? 
Se plantaba en Eirís, no que agora é Xuxán. De alí saían as fresas da comarca. As mulleres baixaban con cestos na cabeza para vendelas no mercado. 

Repartirán cestas de fresas durante a festa? 
O que vai haber serán vasos de cartón. Temos 80 quilos a repartir entre o público.

 

Haberá dabondo para todos? 
Non. Xa vamos a pola XVI edición e cada vez hai máis xente. Por iso, o mellor é que fagan cola, porque repartiremos ata que se acabe, primeiro os nenos e logo o resto.

 

Como abriremos boca? 
Primeiro tocará Maghúa, ás cinco da tarde. Tamén a esa hora teremos un paseo pola horta municipal.

 

Qué haberá para os nenos? 
Os títeres Micromina, co espectáculo ‘Raio de Thoubican’. E ás 18.30 actúa a Maga Fani.

 

E as fresas? 
As fresas son antes. Ás 18.30 horas temos a exposición dos froitos das colaboradoras (conseguímolas de varios sitios diferentes) e ás 19.00 horas se procederá ao reparto. A degustación será na cúpula de Eíris.

 

E despois? 
Ás 18.00 horas temos ao VII Torneo de Fútbol Festa da Fresa. E ás 21.30 temos un concerto de Lidia Sueiro, coa orquesta Foliada D’ases. É veciña e, durante o encerro polo covid, saía polas noites para regalarnos un miniconcerto. 

Mónica Díaz | “Temos dúas cousas ao noso favor: un parque marabilloso e que sempre hai bo tiempo”

Te puede interesar