Philip Webb: “Non é que o ensino do galego non se impoña, senón que debería impoñerse moitísimo máis”

Philip Webb: “Non é que o ensino do galego non se impoña, senón que debería impoñerse moitísimo máis”
Philip Webb, na academia onde impartía clase de inglés | javier alborés

Philip Webb (Cheltenham, Reino Unido, 1992) é xunto a James Rhodes o mellor embaixador da nosa lingua non nado na terra de Breogán. O seu currículo di que é Doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela e doble Grao en Historia e Estudos Hispánicos pola Universidade de Birmingham. Con todo, a faceta máis persoal é a producción literaria en galego, que xa lle valeu o primeiro premio do concurso Mazarelos e outro Premio á Calidade Lingüística da USC. No seu oitavo ano como cidadán coruñés reflexiona sobre á fala da que namorou e orientou a súa traxectoria profesional.

 

¿Como chega un rapaz de Cheltenham a namorarse do galego? 
A parte típica da historia é namorarse de alguén de aquí. Tamén está o feito de que na miña universidade, á vez que estudabas castelán, podías estudar galego. Era unha materia dentro do grao de Filoloxía Hispánica. Dixen: “quero aprender unha nova lingua”. Non sabía sequera se me gustaría.

 

Xusto foi dar coa cidade menos galegofalante... 
Teño falado con máis xente en inglés que en galego. Eu falo en galego con todo o mundo, pero relativamente pouca xente usa o galego comigo. A Coruña é un caso curioso: O koruño ten un acento moi galego, pero para moita xente da cidade o galego é como unha lingua estranxeira. Ves o caso dunha parella que entre eles falan un galego precioso da Costa da Morte e a xente reacciona dun xeito un poco raro.

 

Da a impresión de que en ocasións a lingua é empregada como un arma...
España é un pouco raro, parece que cantas máis linguas falas máis paleto es, aínda que pode que o raro sería o caso dun país onde a lingua dominante e a as rexionais o minoritarias tivesen unha relación compatible.

 

Philip Webb, mestre de galego. Haberá a quen lle soe raro...
Estou habilitado para dar clase de galego en institutos e centros privados, pero non para o inglés (ríe).

 

¿Por que hai tanto historiador inglés interesado en España? 
É un país veciño para os turistas, o máis coñecido despois de Francia e Irlanda. Temos a historia recente da inmigración. Por outro lado, o Reino Unido ten unha tradición historigráfica consolidada. Aos ingleses, como somos todos imperialistas, gústanos escribir a historia dos demais (ríe).

 

¿Por que decide comezar a escribir relatos en galego?
Un amigo meu, Guillermo Rodicio, tiña un taller literario no que facíamos contos e en 2008 propuxo a idea de comezar a revista online ‘A que cheira, papa?’.

 

¿Ten algún acento favorito? 
Pola procedencia da miña muller, o do interior ourensán, ou o do interior lugués.

 

¿E palabra ou expresión? 
Xarda. Gústame moitísimo máis que caballa. É un nome de peixe bonito. As palabras co x tamén teñen unha forza especial, como xenreira. Unha das expresións que me gusta é “en casa do ferreiro, coitelo de pau”. Supoño que existirá algún equivalente en inglés que eu descoñezo, pero é un contexto que me gusta moito, e é bastante aplicable a moitas situacións

 

¿Somos xente pechada? 
O que algúns chamarían pechado é algo que prefiro, porque se vas a Sevilla e coñeces a alguén que ás dúas horas fai como se foras seu irmán, pois desconfías. Pechado pode ser manter certa distancia de inicio con alguén con quen non tes confianza.

 

¿Que sinte cando ve mensaxes de que o galego se impón ou que o castelán está marxinado na escola? 
A escola en debería ser íntegramene en galego, menos Lingua e Inglés. Debería obrigarse a estudar máis en galego. Non é que o galego non se impoña, senón que non se impón tanto como debería. Debería estar moito máis importo do que está. Non para desprazar ao castelán, senón para ter unha posición mínimamente equiparable.

Philip Webb: “Non é que o ensino do galego non se impoña, senón que debería impoñerse moitísimo máis”

Te puede interesar