A vida de María Casares é complicado condensala nunha producción de 105 minutos, mais Xavier Villaverde tentouno e o resultado está acadando boas críticas. O venres, ‘María Casres, a muller que viviu mil vidas’ chegou ao cine, mañá proxectarase no Colón (20.00 horas), no marco da Semana do Cinema Galego e, polo camiño, recibiu o premio Mestre Mateo a mellor documental.
Villaverde destaca que “os premios son unha lotaría”, porque había “documentais marabillosos” tanto no certamen, coma fóra del. Villaverde destaca entre risos que o xénero “é moi estumlante, pero non podo dicir que éste sexa o mellor documental do ano”.
O premio é unha das primeiras mostras de “agarimo” cara o documental, pero destaca o cineasta que “a reacción do público está sendo extraordinaria, está sendo moi estimulante”.
Sobre a cinta destaca que “é un espectáculo, porque ela era un puro espectáculo, ela era unha diva humilde, algo contraditorio, pero é un espectáculo total e, na película, é un espectáculo en todo o seu esplendor”.
Para a ocasión, destaca que houbo que recabar moito material, do que boa parte estaba en Francia, “en mal estado, fixemos unha restauración moi complexa”, dado que concebiu a película “para que tivera toda unha beleza estética e visual, porque dalgunha maneira este viaxe ao risco da creatividade e da experimentación artística debía ter un envoltorio seductor, como a propia María”.
Para devolverlle esplendor a moito do material gráfico, “decidín asumir toda a restauración a través de programas de Intelixencia Artificial, que permitían recuperar fotos que estaban nun estado lamentable, cunha calidade extraordinaria”.
“Penso que esta película redondea a figura de María Casares”, apunta Villaverde, que indica que “toca fibras emocionais”, e semella que as sensacións do público son acorde, “está sendo moi estimulante”.
Destaca que gran parte da “fascinación” que poida levantar a cinta “radica na propia María Casares”, porque a súa historia “é unha novela deslumbrante” que daría “para cinco ou seis películas”, afirma entre risas.
A idea que buscaba Villaverde era “dala a coñecer un pouco máis, reivindicala, aínda que son o último que chego”.
A orixe da cinta “vén de vello”, xa que nace “cando facía unha das miñas primeiras curtas, ‘Viuda Gómez’, cando descubrín a biblioteca da súa casa”. O tempo concreto de creación do documental foi de catro anos, dos cales un e medio adicounos á realización. “Non te podes achegar á figura de María Casares facendo calquera cousa”, di Villaverde.
Este traballo tamén foi unha viaxe personal para él, porque, “dende o exilio de María, foi un reencontro moi profundo coa miña cidade, comigo mesmo e coas miñas orixes galegas, foi unha experiencia moi profunda”, apunta Villaverde, que conta tamén que a cinta “é como se asistiras a unha película que alguén che está contando”.
Villaverde asegura tamén que reivindica a figura de Casares alén das pantallas, “porque ter espazos públicos co seu nome é obligaorio, porque, si non, a súa memoria vai desaparecer”.
“Hai que ser conscientes do noso pasado e reivindicalo, e custa moi pouco poñer o seu nome a un teatro, unha plaza...”, di o cineasta, namentres lembra que en París lle puxeron o seu nome a unha ponte. “Penso que di moito da nosa autoestima como pobo estar orgullosos dsa figuras relevantes e deslumbrantes que temos no noso pasado”, engade.
Asegura tamén que “somos a saga dos abducidos de María Casares, toda a xente coa que falas que estivo en contacto con ela, son xente cunha claridade mental que para min foron un apoio extraordinario”, conclúe.