Lucía Catoira Pan | “Sempre é emocionante, pero esta vez máis porque é unha película da que estamos moi orgullosos”

Lucía Catoira Pan | “Sempre  é emocionante, pero esta vez máis porque é unha película da que estamos moi orgullosos”

Cambresa de Meixigo, a creadora Lucía Catoira Pan é unha das vencedoras dos XX Premios Mestre Mateo. O terceiro en menos de cinco anos á Mellor Dirección de Fotografía. Nesta edición por “¿Qué hicimos mal?”, de Liliana Torres. “É sempre emocionante pero, nesta ocasión, aínda máis porque é por unha cinta da que estamos moi orgullosos”, sinala a artista, “sorprendida” por que o seu nome volveu a sonar alto e claro no evento máis importante do audiovisual do país, esta vez en ExpoCoruña.


Lucía Catoira iniciouse en Belas Artes “porque de pequena tiña moitas habilidades artísticas”, pero o seu amor polo el cine levouna ata o mundo do audiovisual e a estudiar na Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya (Escac).


“¿Que Hicimos Mal?” rodouse en España, en México e en Italia...

Empezamos en Galicia e en Barcelona, e despois estivemos en Italia e en México. O certo é que foi unha experiencia que me fixo medrar moítisimo tanto pola foram de traballar como polos espazos, a luz... Digamos que a película camiña hacia a primavera e a fotografía acompaña nese percorrido hacia a luz...


Como foi traballar en tempos de covid-19?

Saimos de Italia cando acababan de saltar os primeiros contaxios, cando aínda no se coñecía a gravidade da situación e a declaración do estado de alarma pillounos en México. Este si que foi un momento complicado porque non sabiamos se poderiamos saír do país, pero conseguimos voar axiña, pero aí si que o pasamos mal.


Considera que o audiovisual galego está atravesando un gran momento, de moitos éxitos?

Agora mesmo si, pero houbo unha xeración que se perdeu polo camiño porque non podía vivir disto... Hoxe iso cambiou. No meu caso, ademáis, a maioría dos proxectos que fago son en lingua galega e iso non é ningún impedimento nin problema para que nos coñezan fora, máis ben ao contrario. Agora mesmo estou arrancando cun proxecto con Portocabo.

Lucía Catoira Pan | “Sempre é emocionante, pero esta vez máis porque é unha película da que estamos moi orgullosos”

Te puede interesar