Lucía C. Pan | “O traballo de cámara de ‘Matria’ resultou agotador pero marabilloso”

Lucía C. Pan | “O traballo  de cámara de ‘Matria’ resultou agotador pero marabilloso”
Lucía C. Pan, na súa intervención tras recibir o premio á Mellor Fotografía | EFE

Cambresa de Meixigo, o nome de Lucía Catoira Pan volveu soar alto e claro nos Premios Mestre Mateo. En concreto, na categoría de Mellor Dirección de Fotografía, na que se impuxo por cuarta vez desde 2018. 

Daquela, hai menos de seis anos, convertiríase na primeira muller en gañar un Mestre Mateo en Dirección de Fotografía. Nesta ocasión, a cuarta, por ‘Matria’, de Álvaro Gago.


“Estamos moi contentos porque nestas ‘pelis’ todo se entremezcla e o éxito dun é o éxito de todos”, sinala Pan que, como académica, insiste en que “este ano foi extraordinario para o sector” e que “xa a selección de finalistas foi difícil” neste 2024.
 

Lucía C. Pan iniciouse en Belas Artes “porque de pequena tiña moitas habilidades artísticas”, pero o seu amor polo el cine levouna ata o mundo do audiovisual e a estudiar na Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya (Escac).
 

Con ‘Matria’ experimentou como nunca antes, tanto en iluminación como no traballo de cámara, “porque ‘Alvaro (Gago) quería fuxir do preciosismo”, unha cinta “pintada con brocha gorda” para contar sen floreos pero “sen caer no feísmo” a vida de Ramona, unha limpadora de Vilanova de Arousa vilipendiada polo sistema e cunha existencia complicada á que interpreta María Vázquez. “Está inspirada nunha amiga de Álvaro, o director, que coidaba do seu avó”, indica Pan.

 

Rodaxe

“Foi unha rodaxe difícil e esixente porque tiña que ser crible sen esaxerar as circunstancias e había risco de caer no feísmo”, di a creadora, que asegura que “foi unha loita constante” en moitos sentidos e que, detrás da cámara, “foi marabilloso, pero agotador, física e mentalmente, un latexo constante con María (Vázquez)”,
Nos seus inicios, Lucía C. Pan, como Ramona, compaxinou moitos traballos para sobrevivir: “É imposible que non me identificase coa personaxe de María [Vázquez] en ‘Matria’. Todas as mulleres obreiras podemos vernos reflectidas en Ramona”.

 

Sector

Na súa opinión, na noite do sábado, na celebración do evento máis importante do audiovisual galego, no Coliseum da Coruña, púxose de manifesto, “a boa saúde do sector”, tanto pola calidade dos proxectos como pola variedade, con case todos os xéneros representados nestes Mestre Mateo. Ela mesma, que encadea proxecto tras proxecto, procura escoller os seus traballos en Galicia, aínda que con algunha excepción, en parte “por militancia no sector” e porque “hai que loitar contra o sentimento de que o que queda aquí son os restos”, di a directora, veciña de Meixigo.


‘Matria’ acadou cinco galardóns nesta edición, con María Vázquez como Mellor Interpretación Feminina Protagonista, e  Susana Sampedro e Santi Prego distinguidos nas categorías de  Reparto. A estos sumáronse Lucía C. Pan co seu Premio á Mellor Dirección de Fotografía e Nati Juncal, de Producción.

Lucía C. Pan | “O traballo de cámara de ‘Matria’ resultou agotador pero marabilloso”

Te puede interesar