Francisco Jorquera | "O BNG non vai comezar cunha proposta de coalición"

Francisco Jorquera | "O BNG non vai comezar cunha proposta de coalición"
Francisco Jorquera, portavoz del BNG / Patricia G. Fraga

Francisco Jorquera, candidato do  BNG ás pasadas eleccións, arrastraba todavía hoxe a fatiga da noite pasada, na que conseguiron dos concelleiros más, pasando o seu grupo a estar formado por catro edís. Desaparecida a Marea, estes datos converten o BNG no apoio necesario do PSOE de Inés Rey que, aínda que gañou dous concelleiros, ata a os once, segue precisando tres votos máis para chegar a maioría absoluta.

 

Está satisfeito? 

Por suposto. O BNG non se poñe límites, a nosa vocación é liderar políticamente esta cidade, pero despois dos resultados de onte o Bloque está moito máis fortalecido. 

 

Que significa esta vitoria para a gobernabilidade do concello?

É evidente que outorga o BNG un papel decisivo, determinante, na política municipal nos próximos catro anos. Por tanto, asumimos plenamente esa responsabilidade. Agradecemos a confianza das coruñesas e coruñeses e comprometémonos a asumir esa responsabilidade, a intentar mellorar as cousas nos vindeiros catro anos, porque se facemos balance, hai moitos aspectos por correxir. 

 

Pero como a fará? Dende dentro do Goberno ou dende fóra?

Iso o BNG non o tén decidido. O primeiro é negociar, abrir un proceso de diálogo e explorar se hai acordo sobre cales deben ser as prioirdades nos vindeiros catro anos. 

 

E se hai acordo?

Tería que ir acompañado de mecanismos que garanticen o seu cumprimento. 

 

Por que?

Somos moi críticos sobre moitos aspectos do Goberno e o BNG vai utilizar a capacidade que lle deron os coruñeses para introducir modificacións. 

 

Haberá bipartito ou non?

Esa será a consecuencia final do proceso. Se hai un bo nivel de acordo. O BNG non traballa con ningunha hipótese. 

 

Dialogará só co PSOE?

O BNG considera que todos os grupos con representación deben dialogar entre si. Creo que iso é bo. Pero o BNG é unha forza política nacionalista e progresista. Por tanto, está a favor de utilizar os seus votos para conformar maiorías progresistas e nacionalistas nos concellos.

 

Entón, votarán a candidatura de Inés Rey?

Hai un proceso de diálogo que non se iniciou. Os resultados permitirán esclarecer esa pregunta. 

 

Cree que, con once concelleiros, estaría disposta a alcaldesa a un bipartito?

O BNG non vai empezar cunha proposta de coalición. O que vai poñer sobre a mesa é a proposta dun acordo programático que introduza correccións e retificacións ao respecto do acontecido nestes últimos catro anos. En calquera caso, se Inés Rey se sinte o suficientemente respaldada como para gobernar en solitario é unha pregunta que hai que facerlle a propia alcaldesa. 

 

Ela arece confiada, nese senso.

Unha cousa que me sorprendeu na xornada electoral de onte foi que Inés Rey  foi a primeira en comparecer e presentouse como vencedora nas eleccións. Pero quero lembrar que non foi a forza política mais votada. Se vai investir alcaldesa en virtude de si hai un acordo ou non. 

 

Influirán os resultados nas outras cidades na súa negociación?

O marco xeral sempre é importante pero, loxicamente, a negociación da Coruña o que vai ter en conta sobre todo son as necesidades a nivel local. 

Francisco Jorquera | "O BNG non vai comezar cunha proposta de coalición"

Te puede interesar