Xan Xove | “Temos proxecto, temos medidas, pero as temos que facer nós”

Xan Xove | “Temos proxecto, temos medidas, pero as temos que facer nós”
Xan Xove, fronte a sede da Marea, na praza do Humor

O candidato da Marea, o sindicalista e carteiro Xan Xosé Xove González, máis coñecido como Xan Xove, (Viveiro, 1977), fala con paixón dos proxectos da Marea e defende os logros do mandato de Xulio Ferreiro. “‘E que me quento”, recoñece. Despois dun mandato cheo de acordos cumpridos a medias polo PSOE, reivindica a importancia de que sexa o seu partido o implante as súas ideas. 
 
Que me di das enquisas? 
Todos os inquéritos falan dunha bolsa de entre un 30 e un 35% de indecisos e indecisas. Nós queremos falar con eles e con elas á cara e dicirlles que o voto da Marea é o voto útil. Sen este voto, moitas cousas que caracterizan á Coruña de hoxe non terían sido posibles. Por exemplo, a apertura dos terreos portuarios, a renda social municipal, a mobilidade diferente, a gratuidade das escolas infantís, os orzamentos participativos... Veñen orixinados dende a Marea Atlántica.  

 

Por que tantos indecisos? 
Estamos nun momento onde hai bastante ruído. Hai quen presenta estas eleccións como unha especie de simulacro das elecciones estatais. Nós queremos falar do que lle interesa aos coruñeses, queremos falar dos barrios que están máis alá da zona ‘noble’, onde se centrou Inés Rey volvendo a unha política do PSOE dos anos noventa, e falar do acceso a vivenda accesible. A Coruña xa é a cidade máis cara para alugar. Temos proxecto e temos ideas e  medidas, pero  ten que implementalas a Marea.

 

As políticas de vivenda son competencia da Xunta. 
Ben, pero o concello pode impulsar as súas propias vivendas públicas. De feito, as únicas dúas vivendas públicas en construción, unha en marqués de Pontejos e outra máis incipiente, en Xuxán veñen do mandato da Marea. Acordamos unha bolsa municipal de alugueiro, e non se fixo. É unha obriga do concello regular os pisos turísticos e hai o dobre que fai catro anos. E propoñemos outras 250 vivendas en Xuxán, e non na 

Maestranza, que ía ser unha zona verde.

 

Cree que o Goberno local lle debe moito o traballo do seu partido?

“Moitas veces a Marea pon enriba da mesa medidas pioneiras, como a renda social municipal.  O que non está dentro das nosas competencias, está dentro das nosas incumbencias. Cando acaba sendo un éxito, outro ponse as medallas”.

 

Son 450 vivendas de alugueiro turístico, hai 10.000 baleiras. Cal é o seu peso real? 
Nós presentamos o plan Revive Coruña para rehabilitación de inmobles, e reclamar á Sareb as súas vivendas. Nós preguntamos ao concelleiro de Urbanismo, en 2021, cantas había e dixo que ningunha. A rehabilitación e fundamental. Hai veciños que non poden saír das súas casas por falta de accesibilidade,  Dos fondos para rehabilitación, de 12 millóns  de euros unicamente utilizaron 48. A promoción privada non vai solucionar o problema. 

A Marea tamén tivo erros neste campo, como o concurso de compra de vivendas para alugueiro. 
Pero era unha boa idea e despois viñeron catro anos en branco. A Marea pon en marcha medidas pioneiras, como a renda social. E tamén dicían que non tiñamos competencias. Eran momentos durísimos, e a Marea tivo que lidar coa Ley Montoro. Agora propuxemos un plan de saúde mental, que Inés Rey non executou, ou unha eléctrica municipal. Cando creamos BiciCoruña, dixeron ‘iso non serve de nada’. Nós asinamos a declaración de María Pita, para a creación da área metropolitana. Niso tamén fomos pioneiros.

 

No caso do autobús... 
No 2024 é unha oportunidade de ouro, porque remata a concesión da compañía de tranvías. Pero só a Marea Atlántica puxo enriba da mesa facer unha empresa municipal de transportes. Non se vai facer en meses, nin se vai arranxar a mobilidade nun ano, pero alguén ten que dar o primeiro paso.

 

Faría máis rúas peonís? 
Hai que estudialo. A Coruña é unha cidade moi complexa, e haino que estudar de maneira moi micro, pero entendemos que si.  Somos conscientes de que existen problemas de aparcadoiro, pero hai que analizalo globalmente. Se existen párkings disuasorios de calidade, probablemente as persoas que viven en concellos limítrofes as utilizarían.

 

E os espazos verdes? 
O Bosque de Breogán, que abriu o PSOE, era unha fracción da rede de infraestrutura verde: naturalizar o río de Feáns, o río Quintas, aproveitar lugares en desuso... Pintar Alcalde Marchesi de verde non o fai unha zona verde..

 

Que me di da planta de Nostián? 
Catro anos perdidos. Nós deixamos un pregos en perfectas condicións e non os aprobaron.  É un auténtico drama. Que se vai facer cos residuos?

 

E o borde litoral? 
É un gran reto. Nós rachamos unha das grandes falacias: que había que pagar polo porto. Agora caeron os muros e alí fanse festivais, exposicións, norias. Estamos felices. Agora hai que abordar San Diego, 300.000 metros cadrados (unha parte será destafectada outra non), que serán o gran crecemento da cidade. Nós chamámolo ‘o distrito do mar’ É unha oportunidade histórica. 

Xan Xove | “Temos proxecto, temos medidas, pero as temos que facer nós”

Te puede interesar