Renfe dedica hoxe, 25 de xullo, unha mensaxe de voz co que felicitar aos seus clientes con motivo do ‘Día Nacional de Galicia’, sumándose así aos distintos actos e celebracións enmarcados nesta data tan significativa para galegos e galegas.
A compañía, sinala un comunicado, quixo sorprender aos viaxeiros que se despracen hoxe polo territorio galego en trens de servizo público.
Así, durante toda a xornada, esa felicitación soará a través dos sistemas de megafonía dos trens Rexionais, Avant e Media Distancia de Galicia.