Un tren 'Avlo', a opción 'low cost' de Renfe, rodou en probas este martes por primeira vez pola rede ferroviaria galega, segundo informan a Europa Press fontes do sector.
O convoi saíu de Ourense e ao redor das 11.20 horas chegou á estación de Santiago de Compostela, onde permanece ao redor de media hora.
A ministra de Transportes, Raquel Sánchez, anunciou este luns a chegada destes trens a Zamora para o próximo ano 2024, na liña entre Galicia e Madrid.
Renfe resalta que estes trens, os da serie 'S106', fabrícaos Talgo, e engade que aínda non os entregou e que é esta empresa a que está a facer as probas de homologación.