Unha maioría parlamentaria, formada pola coalición de Goberno e os partidos que a reforzan, van a introducir modificacións no sistema de elección para nomear aos Maxistrados, para poder cubrir así as vacantes obrigadas. A que obedece? Pois é unha solución necesaria para evitar o bloqueo sistemático do PP que impide que se cumpra co mandato constitucional. Na intervención do pasado día 7, Núñez Feijoo manifestou ante a prensa, con descaro e arrogancia, que mantén bloqueada a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial para protexelo, porque o Goberno quere controlar á Xustiza e politizala. Ata o de agora, Feijoo tivo meteduras de pata, erros clamorosos e ignorancia supina en temas importantes. Pero o que acaba de declarar publicamente, é o recoñecemento dunha inconstitucionalidade manifesta e de moita gravidade. Levan 4 anos bloqueando a renovación do citado Consello, algo que ten un prazo medido por mandato constitucional. Os medios de comunicación, levan o mesmo tempo titulando que os partidos non se poñían de acordo para facer dita renovación. Hoxe sabemos –o que xa manifestamos en repetidas ocasións– que só hai un culpable. Que é unicamente o PP quen bloquea e impide, de maneira absolutamente inconstitucional, a renovación obrigatoria do órgano dos Xuíces e do Tribunal Constitucional. Pero nunca antes o manifestaran con tanta claridade e, ao mesmo tempo, con tanto cinismo. Quixeron fabricar pola forza unha maioría conservadora, en contra do que marca a Constitución, e bloquear, decidir e xulgar impoñendo unha visión, e unha maioría, que non lles corresponde. As leis están para ser cumpridas e non podemos elixir cales cumprimos e cales non. A modificación da Lei Orgánica do Poder Xudicial, é unha medida oportuna, absolutamente legal e que resolve un problema fabricado, con nocturnidade, aleivosía e intencionalidade, única e exclusivamente, polo Partido Popular.
Pasas coma un pensamento alto, como unha luz que asombra e difumina o trasdós dunha arcada. Estás na intimidade sentida do que existe...