De estupidez

Dende que o mundo é mundo, na Universidade radicaba a Cultura, a rebeldía, a loita e a defensa, moitas veces utópica, dos novos dereitos e dos mundos mellores. Froito de esas loitas naceron leis que garantían empezar a ver o mundo con ollos diferentes. A gran loita pola Igualdade, o movemento feminista e todos os movementos contra a discriminación, tiveron na Universidade o punto necesario para a creación  da arquitectura da súa estrutura argumental. Mirando cara atrás, sen ira naturalmente, un non pode por menos que preguntarse que foi daquel pensamento humanista que construíu o acceso ao coñecemento das xuventudes europeas dende a metade do século XX.


Non hai evolución que sexa mellor ou peor que outras, nin formas de pensamento que non xurdan dun contexto histórico concreto, que marca as liñas do punto de partida. Outra cousa é a estupidez. O grave deste asunto do Colexio Maior Elías Ahuja, non é soamente o menosprezo e o mercadeo do universo do feminino, ou o machismo rampante que ten resabios rancios, cun infantilismo radical que resulta sorprendente en niveis universitarios, senón que neses círculos de incultura íncívica, están os que serán algún día os que dirixan empresas, gobernos, investigacións ou exércitos. Non é de recibo que haxa resposta protectoras de pais ante actitudes radicais de niñatos consentidos. E moito menos de mulleres que defendan que isto forma parte dunha tradición. Seguro que se os que así falan, se detiveran uns segundos a pensar a cantidade de barbaridades, abusos e sometementos que as mulleres tiveron que ir superando, para poder demostrar a súa capacidade e valía, rompendo tantas veces os seus teitos de cristal, nunca dirían o que dixeron. Non é cuestión de ideoloxía, é cuestión de dereitos humanos, de respecto e de sentido común.


En ti vive a chama do sagrado, a perfección esférica de cúpula que enche o espazo de luz...

 

De estupidez

Te puede interesar