Dos ocorrencias

Ás ideas débelles de pasar como ás armas, que as carga o demo. E como consecuencia, pasa o que pasa e escoitamos abraiados as barbaridades que algúns din. Non hai día no que non almorcemos con saídas de pata de banco; cada unha delas é aínda peor que a presentada con anterioridade. As ocorrencias de Vox, son para enmarcar e para figurar na colección de perlas exemplares. Incluso para formar parte do temario de Seminarios Permanentes, dedicados a ensinar con precisión, os modelos de como non se deben de facer as cousas. 
 

Non é só o que propoñen, co que xa abondaría suficientemente, senón o tufillo rancio, versus redención salvadora, que aportan a cada unha das súas palabras. Parten dun concepto errado de paternalismo trasnoitado, impregnado dunha moral particular na que eles se consideran donos e señores, xuíces e verdugos, e que queren impoñer por imperativo legal. 
 

Ten o son das vellas novelas de cabalarías, onde seres altisonantes e excesivos, pagados de si mesmos e da súa realidade peculiar, veñen decididos a salvar á pobre damisela en perigo. Como sucede ca teoría das ondas, o efecto contaxio que provoca no partido popular, medra e se repite ao longo da superficie do estanque político.  Nun esforzo de competir para non deixarlles libre o escenario, provocan un efecto de radicalización de posturas; evitar que se diga que eles son máis frouxos. Competir, nunca foi amigo nin da mesura nin do equilibrio. E moito menos da xustiza e da equidade. E a falta de filtros que moderen as propostas, xorden estas medidas -a modo de coellos saídos do sombreiro- que exceden competencias e dereitos, pero que supoñen un intento máis de amedrentar ás mulleres. 
 

Queren notoriedade. Teñen a convicción excesiva dos que ignoran por riba das súas posibilidades. Estás na harmonía cálida dos versos, na verdade humilde dun poema que fala sempre de ti...

Dos ocorrencias

Te puede interesar