Tras ter que retrasar a presentación polo coronavirus, Sés por fin poderá mostrar ao público do Pazo da Ópera, o vindeiro domingo, o seu novo traballo, “Liberar as arterias”, no que, tanto no título, coma na apertura, rende tributo a nuha das súas inspiracións.
Qué significa Luz Fandiño?
Para min todo, todo o bo. É un exemplo de todo o que me gustaría chegar a ser algún día. Sabiduría, humildade, compromiso, valentía, dignidade, amor polo propio e polo alleo, moitísima humanidade. Ademáis de moitísimo talento, pero que non está recoñecido porque molesta, porque dentro da industria gusta a marxinalidade, pero desde o glamour, pero a realidade é que a xente do pobo, que foi humilde e foi escrava como foi Luz, non é tan valorada como outras personas que están máis almidonadas. Luz Fandiño ten 1.000 veces máis talento que o 90% da poesía actual e dos poetas actuais que se estudan.
Estamos a deixar a moitas artistas como Luz atrás sen a valoración necesaria?
Sí, normalmente mulleres. Non só artistas, tamén investigadoras e mulleres en xeral. Pero sí que creo que no caso de Luz é tamén unha cuestión de molestar. Cando un molesta, cando non eres formalmente o que se espera de ti, estás fóra do discurso institucional, e iso pásalle a todo o mundo que se atreva a ser.
Conta cun grande abano de estilos, é complicado elixir á hora de compor?
Non, non, é moi instintivo. É todo moi visceral, máis natural e involuntario. Non decido tanto eu, senón o meu instinto. É como cando che gusta unha comida ou non che gusta, non a intelectualizas. Eu non intelectualizo demasiado as composicións. Por suposto que hai unha parte intelectual, pero non son cousas tan voluntarias. Non son como moitos músicos que sentan e din “vou a escribir un disco”, eu eso non o fixen nunca. Compoño temas en calquera momento, calquera día, en calquera lugar... despois, deses temas que teño, que tenño centos e centos, centos e centos! (ri), cando pasei os temas das libretas parei en 200, e non paro de facer, pero porque é que me sale. Cando acabo un disco e entrego o máster, o que fago é empezar outro (ri).
Neste disco, ademáis, tamén produce.
Sí, pero eso veño facéndoo desde o segundo disco. O que pasa é que neste disco, no tema da producción, estrictamente musical, sí que creo que “Liberar as arterias” representa un pouco quitarme o mandilón. Víñao facendo desde “Co xenio destrozado”, pero é certo que pasei de parvulitos a infantil, xa non son unha parvulita, son unha infantil, non son ningunha experimentada (ri), pero representa un salto de nivel. Creo que nese aspecto domino máis determinadas cousas, estou máis segura do que quero. Ademáis domino máis a parte técnica, o meu ouvido educouse máis, podo abranguer máis, non só no musical, senon tamén no técnico.
Cómo está a ser a presentación do disco nestas circunstancias?
Coma vós, coma todo Dios (ri). Nós temos o hándicap a maiores de ser autónomos, que non te podes permitir nin ir ao baño moito tempo seguido (ri). Pero creo que o máis importante é deixar claro algo, eu non concordo con ese discurso de “a cultura é necesaria”, non o desprezo, pero non o comparto. Necesario é comer, beber, cagar e durmir. O discurso non hai que centralo aí, hai que centralo en que o neoliberalismo económico non é un sistema que eu escolla. Dacordo con ese sistema, a miña iniciativa privada debe ser tan inviolable coma a de Iberia, e se eles levan 1.000 pasaxeiros, catorce horas, con aire artificial, non é lóxico que nun teatro só poidas meter 60 persoas, iso chámase coller cabezas de turco. E que non aludan á insalubridade, porque a mesma salubridade hai nun teatro, que nun avión ou nun metro. A cultura estase a poñer como cabeza de turco porque non ten o poder doutras oligarquías, ese é o discurso.