redacción > sada .
O Castro de Samoedo quédase orfo coa morte do fundador de Sargadelos. A dinamización que propiciou Díaz Pardo a este trozo de terra pertencente ao concello de Sada fixo que onte o equipo municipal decretase dous días de loito polo pasamento do seu Fillo Adoptivo.
O alcalde Ernesto Anido decidiu que as bandeiras da Casa Consistorial ondeen hoxe e mañá a media hasta en recoñecemento ao traballo do galeguista por dotar dun maior tecido empresarial á comarca coas cerámicas de O Castro.
Anido sinalaba que o deseñador tiña un lugar ben gañado na historia de Sada e Galicia sendo un exemplo a seguir polas futuras xeracións. Hai que lembrar que o seu derradeiro acto público tivo lugar o pasado 15 de agosto, cando o rexidor e distintos concelleiros se presentaban na casa de Díaz Pardo en Samoedo para que deixara as súas pegadas nun molde, que pasará a formar parte dun futuro Paseo da Fama.