Dixo Heráclito “o único inmutable é o cambio” non serei eu que o contradiga. Desa cita beberon aqueles movementos políticos saídos da crise de 2008, a un lado e a outro da balanza política de calquera cor ou ideoloxía pretendida. A proposta de cambio, nas formas e no facer política, engaiolou a moita xente de ben que acreditaban nun cambio do paradigma político. Son os fillos e fillas da “nova política” porén non contaron estes “novos axentes” que a nobre acción política si é inmutable e solo se pode catalogar en boa ou mala política. No devalar dos anos as novas figuras transformáronse naquela cousa que viñan cambiar, en políticos dos malos. Porque na traxectoria política, igual que cando aprendes unha fala, o primeiro que che queda son as partes malas, os vicios.
Na maioría de estes fenómenos saídos da desafección e da desesperanza, en todo o mundo, agromaron moitas figuras que na realidade eran activistas, activistas sociais do seu campo, e mesmo activistas empresariais, xeralmente referentes no seu. Non é o mesmo dirixir unha empresa que un Estado. O activismos son unha correa de transmisión no mundo social, o que non é o activismo é unha maneira de xestión o de ver o conxunto global, xa que a súa acción está moi enfocada, non permitindo o traballo multidisciplinar, iso está totalmente en fronte da acción política e da súa necesaria visión de futuro.
Todo semella indicar un cambio de paradigma na política a nivel mundial, a máis que probable caída de Trump, diante dun Biden sen carisma, un Biden da estrutura tradicional, é a mostra clara do esgotamento dos fenómenos da nova política. Xa non serve a política a golpe te Tweet a política de anuncios pomposos e asesores, toca a política de transformación e de cambios profundos. Xa ocorreu en Galicia, a volta a un sistema de partidos tradicional foi a mostra do esgotamento do rupturísmo de calquera dos lados e familias políticas.
Queda moito por camiñar para recuperar a política real e efectiva, a política de servizo á xente, sen activistas, fans e seareiros dos partidos. Agora en plena crise mundial, en pandemia global e con un futuro incerto é hora da política de recuperar a afección e o respecto da sociedade para esta acción de servizo público. Hoxe en Europa aínda corremos o risco dun novo e máis duro populismo, máis antigo e máis inhumano, o fascismo. Que lado elixes ti?