Un día máis, outro ex-político engade outra conta no rosario de declaracións contra a política actual. Son de distintas cores e pelaxes, falando do divino e do humano sen a menor autocrítica e sen ruborizarse nin o máis mínimo polo que largan a cano libre.
Políticos de nivel A, B,C ou de rexional preferente, beneficiados polos propios aparatos dos partidos en postos de relevancia durante toda a súa vida. Persoas que realmente pensan que son imprescindibles e que están tocadas pola variña da verdade e da sabedoría e que creen ter o don da absoluta infalibilidade. Non falo de González ou de Aznar, xa amortizados pola historia e pola pátina dos tempos que xa foron.
Son eses outros que, están en todos os partidos e que discrepan entre eles no ideolóxico, pero que comparten a soberbia e necidade de crerse por riba dos demais en calquera tempo. Hai xente que non soporta ser periferia, queren ser centro permanentemente, e só saben recepcionar os parabéns e as adulacións, mentres que rexeitan os consellos de dar un paso atrás. Pensan que teñen unha capacidade que nunca tiveron. Non caen en que todxs xs coñecemos. Que sabemos o que fixeron e deixaron de facer. Que da vergoña allea escoitalos. E todo a cambio dunha páxina nun periódico ou dun titular nunha televisión para sentirse importantes na súa comunidade de veciños. A Política cambia coas sociedades e ten que dar resposta ao de hoxe e non ao que sucedeu décadas atrás. As xestións dos tempos e das decisións políticas, non están nas voces do pasado, están nas maiorias nacidas dunhas eleccións. En Política, temos que saber que todxs, absolutamente todxs, somos prescindibles.
Envolto na alegría de saberte, a luz é máis intensa cada día -dixo El- e as palabras son recursos de fogueira. Gardo versos que arden no segredo indefinido dos teus labios...