En toda viaxe hai un punto de non retorno. Ese punto onde queimar as naves para evitar retroceder. E no camiño paralelo que levaban o PP e Vox, semella que onte acadaron es punto no que, a partir de agora, cada un camiñará polo seu lado. Unha frase pode resumir con claridade esta nova postura do PP. Foi cando Casado dixo que ata aquí podíamos ter chegado. Moitos baróns populares esixían de Casado unha declaración semellante. Unha postura clara e rotunda de ruptura cun partido de ultradereita que tan só predica odio, rancor e un revisionismo dunha historia que nada ten que ver coa historia real de este pais. O debate da Moción de Censura –por certo, brillante Aitor Esteban do PNV con aquilo da patochada e non usar máis que un minuto do seu tempo– serviu para consolidar ao goberno cunha evidente rotundidade. Pero tamén, e non menos importante, para poñer xa punto e final a unha dependencia coa que os populares obsequiaron, en demasía, a un partido que nin aporta, nin importa á maioría da sociedade española. Casado finalmente escoitou e puxo rumbo ao centro, e devolveulle ao Partido Popular a dignidade de partido de estado. Agora é momento de acordos e de diálogo. España precisa altura, pactos e futuro. Tan só con esa ruptura, e o hábil ofrecemento de Sánchez de paralizar e negociar a renovación do Órgano dos Xuíces, sementaron esperanza. Agardemos que sexa un camiño que non teña volta atrás. A sociedade española sabe que levamos demasiado tempo perdido. Pero tamén todxs sabemos, que sempre é mellor chegar tarde, que non chegar nunca.
Aprendín a pensarte coma quen abre un libro —dixo El– ou acende unha mañá, ou preserva as paisaxes dos afectos. Aprendín a saberte para sentirte ampla coma niño ou tenrura, e coa gratitude impactada do sentido.