on chegaba cunha crise brutal. Non bastaba cunha pandemia que se espalla por todo o mundo, saltando fronteiras e medidas de contención. Non foi dabondo soportar unha oposición popular que semella vivir en mundos paralelos, onde a mentira e o insulto son os argumentarios cotiás. Tiña que Casado volver a subir o listón de Ayuso. Cousa practicamente imposible. Pero a realidade sempre supera a ficción. As manobras de Casado intentando desprestixiar ao goberno de España en Bruxelas, xusto no momento do reparto dos fondos europeos, é unha deslealdade de manual. Non é nova, xa o fixera Montoro ante Zapatero, pero sempre caen no mesmo saco, na mesma dereita recalcitrante que prefire que se afunda España, as súas xentes e a súa economía, a unha xestión exitosa do partido socialista que resolva a situación. Non é nin medio normal que busquen reducir as axudas que a España lle corresponden, sabendo como saben que moitas vidas e moitas empresas están en xogo. É dunha irresponsabilidade que non ten parangón na nosa historia e ante unha crise dunha magnitude incomparable. Non é certo iso que din os medios de comunicación de que en España non hai política, só confrontación permanente. Hai un Goberno que actúa, prioriza e coordina, o do Presidente Sánchez, e unha oposición que insulta, non coopera e manipula datos e realidades buscando desprestixiar e destruír. Non hai apoio, nin man tendida, nin acordos ante unha situación de extrema dificultade. Todo o contrario, están en orde de combate e a súa intención e non facer prisioneiros. Chamemos ás cousas polo seu nome. Casado non é nin patriota, nin estadista, e moito menos líder.
Vivirte achega mundos indultados –dixo El– acende a cera limpa que ilumina a densidade dos silencios e abraza coma unha emoción pechada de santuario. Acaso sexan vidas que teñamos que habitar na intimidade fráxil da distancia...