Chegou o Nadal e chegaron os discursos. Vivimos un Nadal diferente, pero é Nadal e ten, coma sempre, a maxia consubstancial a todos os Nadais que no mundo foron e compartimos. Volven as nosas maiores e mellores ilusións e esperanzas, e ata semellara que o mundo e as súas xentes, empezaran de novo a vivir en paz e concordia, como demostra o acordo do Brexit.
E como adoitan facer as escuras golondrinas do poema de Bécquer, regresou ás pantallas o discurso do Rei. Un texto medido e deseñado para intentar tocar moitas cousas pero sen desmontar nin derrubar absolutamente nada. Todxs xs diferentes en posicións ideolóxicas diametralmente opostas, seguen a manter esa mesma distancia e disidencia entorno ao discurso real.
O que quere dicir que este ano tan complexo e tan dificil, a alocución rexia pasou tamén a proba do algodón. O que non se pode pretender é que unha comparecencia con tempo limitado coma esta, sexa un remedo do Apocalipse, recortado e reducido, nin tampouco unha descrición do mundo bucólico das églogas de Salicio e Nemoroso, de Garcilaso de la Vega.
Non é convinte estar inchando constantemente o globo da esixencia de posicionamentos e marcar distancias co Emérito, por parte de medios que nunca van a quedar satisfeitos das respostas obtidas. A ética dos comportamentos por riba das relacións familiares, a igualdade e o esforzo de toda a nación ante a pandemia, marcaron os eixos estratéxicos dun discurso conciliador, pero tamén exemplarizante no que obriga á Corona. Hai outros foros onde tocar outros temas.
E serán utilizados, sen dúbida algunha. É Nadal, e para todxs os mellores desexos de saúde, felicidade e sorte para o ano 2021. Saiban que o mellor sempre está por chegar.
Verso a verso constrúo abrigos cálidos -díxolle El con dozura- refuxios protectores e saídas de emerxencia, onde sentir cada día contigo...
Contigo sempre podo sentir a eternidade –dixo El– con ese paso lento dunha marea ampla ou dun bosque de outono, ou dunha tarde. Contigo contén promesas de emocións e sentidos..