Marcos Maceira, presidente da Mesa: "Sen audiovisual non hai futuro para a lingua"

Marcos Maceira, presidente da Mesa: "Sen audiovisual non hai futuro para a lingua"
Marcos Maceira

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, asegurou este luns que "sen audiovisual non hai futuro para ningunha lingua nin cultura", e por iso retomou a petición de que a nova Lei do Audiovisual do Estado iguale para o galego as cotas establecidas para o castelán nas plataformas dixitais.


Maceira e a secretaria xeral da entidade de defensa da lingua, Celia Armas, presentaron esta mañá na Real Academia Galega a iniciativa "Queremos audiovisual en galego", que conta co apoio unánime das forzas políticas galegas.


O obxectivo é que a nova lei xeral de comunicación audiovisual que ultima o goberno estatal inclúa o galego nas medidas de protección da dobraxe e do financiamento anticipado establecidas para o español, entre outras.


"Fai falta actuar nun dos ámbitos onde a situación de exclusión da nosa lingua é máis evidente", indicou Maceira, pois o audiovisual galego conta con "calidade demostrada e gran capacidade para contribuír ao desenvolvemento cultural e económico do noso país".


Armas lembrou, pola súa banda, o aval das máis de 33.000 firmas coas que chegou a Iniciativa Xabarín ao Parlamento galego, aprobada por unanimidade, o pasado 12 de maio, para a mellora da presenza da lingua galega no audiovisual.que

Marcos Maceira, presidente da Mesa: "Sen audiovisual non hai futuro para a lingua"

Te puede interesar