A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, colaborou coa mesa informativa instalada no mercado de Elviña, unha das doce instaladas na cidade coruñesa, con motivo da celebración hoxe do Día Mundial do Alzhéimer 2024. A delegada da Xunta recalcou a necesidade de concienciar sobre esta enfermidade para xerar maior información sobre a mesma, e de seguir investigando.