O BNG da Coruña pregunta por que non se pediron as axudas da Deputación para Normalización Lingüística

Queixas entende que non dispor desa subvención debilita o Servizo de Normalización Lingüística e prexudica o correcto desenvolvemento da Ordenanza Municipal da Lingua Galega
O BNG da Coruña pregunta por que non se pediron as axudas da Deputación para Normalización Lingüística
Mercedes Queixas | Quintana

A concelleira do BNG Mercedes Queixas dirixiu unha pregunta por escrito ao Goberno Local da Coruña para saber por que, a diferenza de anos anteriores, non se presentou ás subvencións convocadas pola Deputación para reforzar o servizo de normalización lingüística do Concello.


Este servizo dispón neste momento dunha técnica e unha administrativa e, por tanto, o seu cadro de persoal precisa se reforzado, sinalan dende o grupo nacionalista.


“Sorprende a ausencia do Concello na listaxe de adxudicatarios das subvencións. Supón a redución do persoal do servizo vinculado a esta axuda”, afirma a concelleira. “O Goberno Local si que se presentara a anteriores convocatorias destas axudas, o que fai máis difícil de entender a súa non concorrencia nesta ocasión”, engade.


Queixas entende que non dispor desa subvención debilita o Servizo de Normalización Lingüística e prexudica o correcto desenvolvemento da Ordenanza Municipal da Lingua Galega.


Ao carecer desa vía de financiamento, Queixas inquire o Goberno Local se vai destinar “recursos orzamentarios propios” do Concello para reforzar o servizo de normalización lingüística.
 

O BNG da Coruña pregunta por que non se pediron as axudas da Deputación para Normalización Lingüística

Te puede interesar